-Ola princesa,- díxolle el. Ela respondeulle e o príncipe intentou facela rir, pero non tivo bo resultado.
Despois duns dez homes, sen éxito coma Berto, entrou unha muller habitante da vila disposta a facerla rir coma nunca, o pai non a deixaba, pero a princesa díxolle que si.
-Grazas, princesa, chámome Lia e veño facerte rir coma nunca antes.
-De nada Lia, e iso espero, podes empezar.
Lia
empezou cuns chistes moi graciosos que facían sorrir a princesa,
despois cunhas adiviñas graciosas e por último cunhas piruetas que
aprendera nunha escola da vila.
E esta muller tivo éxito e fíxoa rir de novo coma nunca.
Pero o pai non cumpriu a súa promesa e non a deixou casar coa muller, pero a princesa quería casar con ela así que para conseguilo deixou de rir durante uns días máis, ata que o pai, canso, decidiu que podían casar e ser felices.
Así que riron como nunca antes riran e foron felices xuntas ata a morte.