E agora que? foi o primeiro libro publicado pola autora María M. Vassart, na que mostra unha adaptación dun caso real, ensinando a vida dunha nena chamada Ana, que afronta unha vida chea de dificultades, e como estas lle fan sentir unha profunda incomprensión por parte de todos os que a rodean.
-Personaxes:
Ana: A protagonista principal, unha nena de 15 anos nacida en Madrid, criada por un pai alcohólico e una nai que non se facía cargo dela, o que a levou a facer cousas terribles.
-
Carme: A irmá pequena de Ana, que a pesar de vivir na mesma situación que ela sempre conseguía sacarlle o lado positivo ás cousas e que todo o que acontecera na casa non lle repercutise nas súas cualificacións, era unha nena moi aplicada e sociable.
-
Lois: O antigo noivo e amigo de Ana, un neno de 16 anos que deixou os estudos para converterse en mecánico, este aínda a quería, pero era incapaz de dicirllo.
-
Pai de Ana: Un home de nome descoñecido, alcohólico e violento que maltrataba as súas fillas e acostumaba a meterse en pelexas.
-
Nai de Ana: Unha muller sumisa incapaz de plantarlle cara ao pai de Ana e Carme polo pánico que sentía cara el.
-
Ana (psicóloga): A psicóloga do centro de menores no que estaba Ana, a única persoa que parecía preocuparse polo benestar dela.
-
Miguel e Laura: Os dous amigos máis íntimos da protagonista.
Ana é unha nena de 16 anos que comeza a escribir os seus pensamentos nun diario por recomendación da súa amiga do centro de menores, Marisa.
Nel relata a súa vida na casa, na que ela e a súa irmá vivían nun verdadeiro inferno, no que calquera escusa era boa para poder chegar á casa o máis tarde posible.
Pasado un tempo Ana xa non podía máis, estaba farta da súa situación e acudiu ao seu amigo Lois, quen ao seu pesar, deulle a idea de ir cos seus tíos para escapar daquel inferno. Pero todo cambiou cando, de súpeto, unha noite, tras atoparse cunha das pelexas cotidianas, plantoulle cara ao seu pai, polo que acabou nun reformatorio.
Alí a súa vida era moi repetitiva, pero polo menos non tiña que aguantar as pelexas da casa.
Tras o accidente de tráfico do seu pai, os seus tíos por fin puideron acollela na súa casa, todo comezara a ir a mellor e Ana fixo moitos amigos e non se sentia tan soa, pero tras a súa recuperación de conciencia, reclamou a súa custodia.
Non queria volver a pasar polo mesmo, por aquel inferno do que tanto lle custou saír, pero pouco despois, o seu pai morreu por complicacións nunha operación, nada volvería ser o mesmo, pero por fin, as irmás puideron ser libres.