Este libro fálanos dunha nena chamada Carlota a cal tivo que mudarse da súa cidade e polo tanto cambiar de instituto a idade de dezaseis anos. Esta nena ten moito medo polo comezo do instituto, máis concretamente de empezar o bacharelato, xa que ademais a nena ten o cabelo rapado durante un tempo porque ten un eccema de pel e iso provócalle moita inseguridade algo que reflexa moitas veces na historia.
Por esa situación ela pensaba que o colexio ía deixarlle faltar tres meses á clase. Entón, non estaba tan preocupada polo do cabelo, pero o seu titor falou cos seus pais e dixo que ao ser bacharelato era mellor que non faltase a clase tanto tempo polo que terá que comezar a escola ao mesmo tempo ca os demais.Durante todo o curso unha nena da súa clase chamada Lidia vai encargarse de que Carlota o pase peor do que xa o está pasando.
Neste libro tamén vai experimentar o que é o amor non correspondido co personaxe chamado Miguel, un neno da súa clase, pero tamen vai poder vivir unha bonita historia de amor con Moncho un neno o cal levaba moito tempo namorado dela, cousa da que Carlota non se percataba ao estar namorada de Miguel.
Ela fala de todos estes problemas coa foto que ten do cantante Poch, o líder do grupo Derribos Arias, que ten colgada no seu taboleiro de cortiza da parede. A foto recortouna dun xornal no que contaba a morte do artista e dende entón ela e a foto de Poch falan e el dálle a razón dos seus problemas as veces, pero outras faina entrar en razón de que o fixo mal. Basicamente é a “persoa” coa que se desafoga.
A miña opinión deste libro é que está moi ben que fale tanto do punto de vista de Carlota, do que sente, pensa de si mesma e de como vive ela o eccema de pel. Está moi ben redactado e é un libro interesante e moi fácil de ler, mais a min non me gustou moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario