domingo, 22 de marzo de 2020
A solidariedade, Alejandra Blas Menéndez (4º ESO A)
A solidariedade é o apoio incondicional a causas alleas, particularmente situacións comprometidas e difíciles. Este concepto é moi escoitado na actualidade, especialmente nestes días de crise na saúde global.
Que é solidario? Está ben se só damos a coñecer a situación ou temos que participar activamente? Os actos solidarios xorden da moral ou da necesidade de recoñecemento social?
Vivimos na era das redes sociais, onde moitas persoas pensan que cun acto de difusión sobre aquilo que lles parece relevante, pero que non lles afecta directamente, fan suficiente. De súpeto séntense con superioridade moral. Actos de pura hipocrisía.
Poño, por exemplo, a situación actual, agora que o mundo está infectado do coronavirus. Para a xente nova o virus non resultará letal. Dá isto dereito aos mozos a saír á rúa e facer vida normal? Recordemos que se contraen o virus poderían contaxialo a grupos de risco e ocasionar a morte. O único que se nos pide é permanecer na casa para evitar mortes. Non debería a conciencia ser suficiente para obedecer? Por que ten que intervir a lei? Non é curioso que a xente que incumpre a norma sexa a mesma que difunde nas redes #euquedonacasa?
Isto lévame a unha reflexión sobre a actuación do home como ser social, precisamos os demais para a nosa felicidade e, ainda así, cómenos un individualismo feroz capaz de prexudicar toda a nosa contorna. Pode que o sentimento de solidariedade non sexa tan innato como tendemos a pensar.
Alejandra Blas Menéndez 4ºA
venres, 20 de marzo de 2020
mércores, 18 de marzo de 2020
FAROS DE GALICIA: O Faro da Illa de Ons, María Hilario Gestal (2º ESO E)
Nesta páxina imos ir publicando os traballos que elaborastes durante estas semanas nas vosas casas e que xira arredor dos Faros de Galicia que se relaciona cun proxecto de cursos anteriores no IES Monte das Moas
O Faro da Illa de Ons, María Hilario Gestal (2º ESO E)
O Faro da Illa de Ons, María Hilario Gestal (2º ESO E)
O Escornavirus, Ana Isabel Díaz López (4º ESO A)
Cando
pensamos nunha razón ou un problema polo que se nos serían
canceladas as vacacións, pensamos máis ben en algo como: unha
escordadura nun nocello ou ventos furacanados que non deixarían
despegar o noso avión. O que nunca se nos ocorrería sería que
aparecera un virus, que matase e contaxiara a poboación de todo o
mundo.
Porén, o máis rechamante non está nas cidades, que parece
unha versión de The Walking Dead con moito papel hixiénico, senón nas vilas, onde a maioría de persoas que habitan nelas son xente
maior ás cales o COVID-19 poder resultarlles mortal.
Estas
persoas seguen coa súa rutina diaria á marxe de que nas cidades a
xente está histérica porque cren que vai comezar un especie de
Terceira Guerra mundial ou que esta é unha estratexia dos gobernos
para librarse da poboación. Como resultado, temos que estas persoas
foxen ás aldeas e van infectar os seus residentes.
Estas accións fan que a xente que estando na aldea e que, inda tendo unha saúde delicada, estaba máis ou menos a salvo, agora teñan un serio problema. E o impacto máis importante foi cando os madrileños fuxindo de Madrid viñeron a Galicia, coa idea de ir tomar o sol a “Sanjenjo”.
Estas accións fan que a xente que estando na aldea e que, inda tendo unha saúde delicada, estaba máis ou menos a salvo, agora teñan un serio problema. E o impacto máis importante foi cando os madrileños fuxindo de Madrid viñeron a Galicia, coa idea de ir tomar o sol a “Sanjenjo”.
Eu
creo que esta xente pensa que os galegos somos de ferro ou algo
semellante e que a nós non nos afecta o coronavirus, e aí teñen
razón: a nós o que nos afecta é o “escornavirus”.
martes, 17 de marzo de 2020
A herdanza da coroa, David Pérez Montero (4º ESO B)
Onte,
saíu á luz que Filipe de Borbón, Xefe de Estado, renuncia á
herdanza do seu pai, o Rei Emérito, por supostos fondos en paraísos
fiscais.
Ultimamente
os cidadáns que pertencemos ao
Estado español xa estamos acostumados a que os políticos sexan
corruptos, pero nunca saíra á luz que un Xefe de Estado fora
corrupto. O actual
Rei, Filipe, desherdou o seu pai D. Xoán Carlos, xa que se deron
a coñecer os seus beneficios polas contratacións de empresas
españolas ao levar o AVE á Meca. Tamén se soubo
que lle dera uns 100 millóns de euros a Corina, a súa amante, e
esta, á súa vez, denunciouno no
Reino Unido por extorsión para que non revelase
segredos de estado, etc. Creo que a Coroa non se vira tan afectada
tras o escándalo da Infanta Cristina e o caso Nóos.
Filipe,
ao
quitar o seu pai da actividade pública e retirarlle o seu salario,
que, por certo, pagamos todos, está, á súa vez, recoñecendo esas
actividades escuras do seu pai. Actualmente, na situación de
corentena na que estamos, a xente non pode saír
á rúa, o que impide unha manifestación ou acto en contra da
monarquía. Por iso, paréceme un xesto feo por parte de Filipe.
Agora
é o momento de facer un referendum,
o momento de saír á rúa e berrar ben forte o noso desexo pola III
República Española. Un desexo por un estado que nos recoñeza na
nosa pluralidade lingüística e cultural. Se non é agora, témome
que non será nunca.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Tres catorce dezaseis é unha novela da autora ceense Rocío Leira Castro, coa que chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules...
-
Tres Catorce Dezaseis trátase dunha novela policíaca ambientada no mundo das matemáticas. Este libro está escrito por Rocío Leira, nacida ...
-
O que sei do silencio de RemoeaLinguaLinguaGa