Que é o medo? de Sara Sanz (4º A)
Relato de terror gañador no Certame de relatos de terror do Samaín
A
vida dá máis medo que as historias que nos contan ás catro da
mañá.
Pregúntalle
que é o medo á muller que vive cun monstro durmindo ao outro lado
da cama, que teme que algún día os seus berros queden afogados
entre catro paredes tinguidas de vermello.
Pregúntalle
que é o medo ao neno que vive rodeado das pantasmas que a guerra
deixa inexorablemente. Ao neno que non coñece máis nanas que os
estremecedores bombardeos, nin máis casa que as ruínas que escriben
a dor na pupila de todo aqueles que as contemplan.
Atrévete
a preguntarlle que é o medo a aquel que convertemos en demo só por
ser diferente. Que engaiolamos nun cárcere de pecados por medo a que
ame e sexa quen realmente é.
Pregúntalle
tamén as mulleres Frankenstein que só buscan seguir os cánones de
beleza que establecen con aires despóticos as revistas. Pensas que
entre tanto botox non hai medo a non ser o que a sociedade quere
delas?
Dille
á Terra que che conto como se senten as torturas que lle facemos.
Que che diga que ten medo a morrer de calor, sen ser bruxa queimada
no lume.
Iso
si que provoca un arrepío instantáneo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario