Agora que nas aulas de 4º xa ides coñecendo algo máis a obra do poeta rianxeiro Manuel Antonio, tedes aquí esta versión dixital do poemario De catro a catro para poderdes lelo e analizar cada poema coas explicacións dos profesores Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel.
Revisade os poemas e as vosas notas dos comentarios iniciais do poema "Sós" e escollede un deles para entregar o comentario literario antes do venres 14 de febreiro. Déixovos tamén por aquí algunhas versións musicadas do poema:
Versión de Aerials, grupo de mozos do IES Sánchez Cantón de Pontevedra.
Versión en Black Metal de Datura Stramonium
Versión en Black Metal de Datura Stramonium
E o recitado do poema do alumnado de galego do IES Cañada Blanch de Londres e estoutro do escritor Víctor Freixanes.
O marcapáxinas é unha creación de Ultramarinos Deseño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario