Ana Mondelo Pena de 2º B preparou esta presentación sobre unha das obras de lectura obrigatoria de 2º da ESO, Cartas de inverno do escritor Agustín Fernández Paz. A continuación podedes ler algunhas das análises do alumnado sobre a comparación desta novela con outras obras ou películas coñecidas e as opinións persoais máis elaboradas nos traballos sobre o libro.
Eu
compararía este libro coa serie Stranger Things xa que o tema
é moi parecido; na serie uns amigos abren sen querer un portal que
deixa pasar a un monstro ao noso mundo, despois narra as aventuras
deles e de como un queda atrapado no mundo do monstro e de como o
sacan, como acaban con esta criatura e como pechan o portal para que non
volva a ocorrer.
No
libro, Teresa ten que acabar coa comunicación entre o monstro e o
noso mundo para que non volva ocorrer, polo que queima o libro que
contiña os gravados, e non sabemos se Adrián e Xabier morreran, xa
que co incendio non se atoparon cadáveres e non podemos saber se
faleceron ou o monstro os levou ao seu mundo.
María
Hilario Gestal (2º E)
Eu creo que a historia ten bastante relación con outras obras de Agustín Fernández Paz, e non porque as escribira el, que tamén, senón porque a narración é bastante similar: a historia comeza e remata cun narrador omnisciente(personaxe externo á obra que conta os sucesos en terceira persoa do singular), tendo por medio varios tipos de fontes de información como a primeira persoa (Tareixa despois de ler as cartas) ou cos textos do paquete de Xabier ou os das propias cartas. Tamén ten certa relación con algunhas das novelas de Edgar Allan Poe, refírome á forma de contar os sucesos da parte da novela que son de terror, ou tamén incluso coma Howard Phillips Lovecraft (menciónao) ao contar os sucesos de ficción. E como bo galego que é Agustín, relaciona a historia con vilas galegas (Viveiro), cidades (Vigo), arquitectura románica (O Castelo de Andrade) e con mitos galegos (A Santa Compaña). Fai unha lixeira referencia á Prehistoria mencionando os petróglifos, simboloxía dos humanos na época do Neolítico. Se teño que relacionar esta obra con outras, relacionaríaa polo tema coa obra de Stephen King, O resplandor, xa que se desenvolve nunha casa encantada e no Inverno, ou con Drácula de Bram Stoker, pola narración en cartas e diarios.
Noa Sande Trillo (2º B)

Este
libro gustoume bastante, e de momento é o meu favorito deste autor,
aínda que sen ter lido a maioría dos seus mellores libros. A
historia produciume unha inmensa intriga e non podía parar de lelo,
tiña que saber que era o que pasaba ao remate, porqué a nena do
gravado movíase e chegaba a desaparecer, que faría Adrián ou como
chegaban esas mensaxes misteriosas, por citar algúns exemplos. É un
moi bo libro na miña opinión porque o lector séntese atrapado no
argumento e non pode deixar de lelo ate o final, polo que me parece
un libro altamente recomendable para a mocidade dunha idade similar á
miña. xa que non é necesario ter lido novelas de intriga,
policíacas, de misterio ou de terror para sentirte atraído por esta
apaixonante historia.
Óscar Juanatey Orol (2º B)
Pareceume
un libro diferente, engaiolante e misterioso. Nunca lera libros deste
autor pero despois de ler este libro gustáriame ler Aire Negro ou
O meu nome é Skywalker.
Cartas
de Inverno é unha historia de misterio e terror sobre dous
amigos que se teñen que enfrontar a un ser inimaxinable para nós. A
parte do libro que máis me gustou foi cando Tareixa queima o libro e
libera a humanidade dun perigo terrórifico e perigoso, que por
desgraza acabou coa vida dos nosos protagonistas.
O
comezo do libro empezou sendo moi interesante, debido á misteriosa
carta que Tareixa recibira de parte do seu irmán, el díxolle que
non abrira ese misterioso sobre pequeno, pero ela non se resistiu
e comezou a ler o que lle estaba sucedendo a Adrián antes da chegada
de Xavier. Ao principio todo é moi confuso porque Adrián fala nas
cartas e despois Xavier pero despois daste conta de que as cartas
están contando a engaiolante historia que me tivo horas lendo. De aí
vén o nome do libro, Cartas de Inverno, xa que a historia
sucede no Inverno.
Antía Conde Ferreiro (2º B)
Paréceme un libro que merece a pena ler pois é moi entretido; en ningún momento chega a facerse aburrido ou pesado. Eu lin
o libro en voz alta un día pola noite e agora o meu irmán pequeno
estao a ler. Con isto quero dicir que é moi interesante.
Recordoume a este libro de Scarlett Thomas porque en El
valle del Dragón unha nena chamada Effie sufre a desaparición da
súa nai e polo tanto tense que quedar co seu avó polas tardes, pero
nun momento da historia o avó sabe que el tamén está en perigo e
mandoulle á nena que coidase de todos os seus libros, especialmente
dun, El valle del Dragón.
Lembroume tamén a estoutro libro, supoño que sería polo trama familiar e os
problemas que intentan solucionar en familia. As Lágrimas de
Shiva e este libro de Fernández Paz son curtos e fáciles de ler
polo que gustáronme moito.
Noa Sande Trillo (2º B)
Ningún comentario:
Publicar un comentario