Vai un poeta moderado e dille ao colaborador da luz
Vai unha lavandeira e dille a un túmulo
Vai un c con cedilla e dille a unha tónica
Vai un solpor e dille a un rapaz feo
Vai unha patria pequena e dille a unha caixa de correos
Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca
Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X
Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base
Vai a néboa dun verso, sae do poemae acatou a Constitución
Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes
Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais
Ningún comentario:
Publicar un comentario