XERACIÓN DE CRISTAL
Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera:
Xa estás chorando outra vez?
Vai un poeta moderado e dille ao colaborador da luz:
En lugar de queixarte poderías axudar
Vai unha lavandeira e dille a un túmulo:
Recoñece que o que fixeches está mal e eu tiña razón
Vai un c con cedilla e dille a unha tónica:
Avergóñome de ti, non podes ser como os demais?
Vai un solpor e dille a un rapaz feo:
Canso de que? Se non fas nada
Vai unha patria pequena e dille a unha caixa de correos:
Insiste todo o que queiras, aquí quen manda son eu
Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca:
Os da vosa idade non valen para nada
Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X:
Non podes poñerte así á mínima
Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base:
Deberías coller exemplo de... faino todo ben
Vai a néboa dun verso, sae do poemae acatou a Constitución:;
Ese non é para tanto
Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes:
Cando non me teñas a ver que fas, eu non vou estar sempre
Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais:
Rosmas por todo, que pouco agradeces as cousas
Inxusta eu? A inxusta es ti
Sempre estás tirada na cama, fai máis un moble ca ti
Ti non tes preocupacións, non coma min
Á túa idade eu xa...
Levas moito sen falar comigo, logo non me pidas axuda
Ningún comentario:
Publicar un comentario