venres, 19 de maio de 2023

Vento ferido de Carlos Casares, recensión de Carla Amenedo Carrillo (1º Bach B)

Vento ferido é unha novela escrita por Carlos Casares Mouriño, un recoñecido autor vigués que revolucionou a literatura contemporánea da nosa terra, no ano 1967. Foi a primeira obra que publicou e comezou a súa vida como escritor (tamén tocou a poesía, o ensaio e o teatro).

Carlos Casares destacou polo seu estilo literario evocador e a súa capacidade de retratar a paisaxe rural e urbana de Galicia, como é o caso deste libro, afondando en temas como a identidade, a historia, a cultura e a tradición desta rexión. En especial durante a posguerra española e a ditadura franquista.

Aparte disto, tamén foi un destacado defensor da lingua galega e activista cultural. Participou na promoción da literatura galega e na preservación da identidade da zona.

O seu legado perdura coma unha parte importante do panorama literario a nivel rexional e nacional.

Esta novela está considerada como unha das obras máis significativas de Carlos Casares. O libro recibiu recoñecemento polo seu punto de vista crítico e por ser capaz de captar a realidade social da época.

O sexto capítulo é titulado como “A Capoeira”. O protagonista, chamado Gonzalo, encóntrase con Perucho nunha das veces que foi á taberna do Alambrista. Perucho foi o home que matou ao burro de Gonzalo, según él lembra perfectamente, mais o outro parece que andaba borracho e non entendía nada.

O bo burro de Gonzalo era coma un can, facéndolle caso sempre. Unha noite na que este saíra por aí, apareceu Perucho no portal de Gonzalo, dicíndolle que o animal comera sen querer uns repolos da súa horta, e terminou por atacalo mortalmente cun sacho. Isto foi o motivo polo que o protagonista terminou por xurárllela a aquel home.

Gonzalo repetiulle se se acordaba do que fixera, pero non conseguía ningunha resposta válida.

Terminou pot preguntarlle se se sabía a capoeira, ao que Perucho dixo que sí. Foron botar unha, na que este último caiu na espalda cara arriba. Levantouse e pediu outra. Gonzalo acercouse e cravoulle unha subela, arrastrándoa no seu interior ata sentir a sangue nas mans. Así termina a historia.

O noveno capítulo chámase “O Xudas”. Así chamaban ao personaxe principal da historia. Un señor que bailaba se lle pedían que bailara, que cantaba se llo decían, ou que contaba sempre os dous mesmos contos; o do crego e a pita e o do neno parvo. Ao final sempre pedía esmola, e sempre lla daban.

Eses contos polos que pedía unha peseta ou un peso ensinárallos Tomás, o vello zapateiro que vivía na beira do río e que tiña unha barca. Dicíase del que era un bruxo, pero non era certo, e todos o odiaban por ser republicano.

Todos, Xudas incluído, pensaban que Tomás xa ía morrer, xa que non tiña a enerxía do pasado. Saía moi poucas veces coa barca e pasaba moitas horas á porta da súa casa, cavilando, e o protagonista o acompañaba en silencio ao seu lado.

Unha vez que o vello non podía erguerse da cama, chamou a Xudas e díxolle que ía morrer, e así o fixo.

Tres días despois, era un día de moita choiva e mal olor. O rapaz meteuse nun bar cheo e empezou co seu show. Volveu a cantar, a bailar, e a contar as súas historias. Bebeu de máis e acabárono botando do local, quedando na rúa. Encontrou a un can sen dono e mollado, acercouse e fuxiu. Logo, empezou dicir que él era un can e empezou a ladrar. Entrou nun portal abandoado e intentou durmir sen éxito. Un medo raro chegou ao seu corpo, saiu e tiña gañas de gomitar e de mexar. Tras iso, levantouse o vento que anunciaba que o verán ía terminar.

O libro en cuestión resultoume sumamente interesante pola súa brevidade e intensidade. A pesar da súa curta duración, conseguiu transmitir emocións e captar a miña atención dun xeito impresionante. A súa concisión fixo que cada páxina fose un golpe, creando unha experiencia de lectura intensa e memorable.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...