Na
historia participan algún personaxes, algún interesantes e otros non tanto, os
personaxes son:
Ezequiel: É un dos nenos orfos da Coruña que partiron
do porto da Coruña cara un futuro incerto e perigoso, que deixaban o seu fogar
para emprender unha longa viaxe que prometía novas oportunidades para eles.
Inés: É outro dos menos orfos da Coruña que tivo
que facer o mesmo que Ezequiel para mellorar a súa calidade de vida.
Clemente: É outro dos menos orfos da Coruña que fixo
o mesmo que todos os menos. Estes nenos merecen ser recoñecidos pola súa
valentía ademais do esforzo mental e físico que tiveron que facer ao longo da viaxe
coa vacina nos seus corpiños, pero tristemente non son tan recoñecidos.
Isabel Zendal: A
única muller que formou parte da expedición, ela era nai solteira, o cal non
era moi ben visto naquela época. Esta muller tivo un papel moi importante na
historia, era para moitos dos nenos orfos a nai que nunca tiveran, ademais de
ser intelixente e axudar na expedición cos seus coñecementos, sendo enfermeira.
Paréceme unha muller que prefire loitar e resistir fronte aos problemas que
deixarse vencer polos demais. Podemos decatarnos disto dende o principio da
historia cando en vez de abandonar o seu fillo, decidiu crialo soa e traballar
duro para mantelo. Morreu na expedición e non puido regresar a España.
Posse: Era o doutor da expedición. Quedeime en
shock cando coñecín a gran bondade do doutor Posse cos nenos e o respecto que
tiña cara os demais sen importar os prexuízos. Cando pensamos nesa época na
que as mulleres eran sometidas, a sociedade estaba dividida por clases e había
moita tensión social, pensamos en persoas que só pensan no seu benestar propio.
Por iso o carisma amable do doutor Posse e os grandes xestos que tivo co
protagonista ao ofrecerlle un traballo no seu hospital.
Balmis: Era o médico real que participaba na
expedición. Durante
a travesía, Balmis practicaba nos nenos unha incisión cunha lanceta e
inoculáballes o virus. Ao cabo de dez días, aparecían uns grans dos que saía o
valioso fluído que servía como vacina. Os grans secábanse, polo que o médico
tiña que ir infectando
nenos, sucesivamente. Ao longo de máis de dous anos, a
expedición de Balmis foi vacinando nenos ao longo de América. Para facelo, seguiu recrutando rapaces de orfanatos,
para que transportasen a vacina nos seus corpos. Pouco se sabe do destino
daqueles heroes forzados, aínda que algúns foron acollidos por familias.
Mentres outros remataron en hospicios, ante a incomprensión dalgunhas
autoridades e o receo da Igrexa, contraria á vacinación.
Balmis chegaría ata
Filipinas e Macao. E a súa historia merecería unha desas películas
inesquecibles, de incribles aventuras. Cando chegou a España foi recibido con
honra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario