mércores, 3 de maio de 2023

AUTOPOÉTICA DE DANTE FERNÁNDEZ ANTELO (2º Bach C)

Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera: rétote a revolucionar o canto cos silencios.

Vai un poeta moderado e dille ao colaborador da luz: antes de podernos cobrar, ben debes de pensar que, para un traballar, non debe pagar polo que ilumina o devagar.

Vai unha lavandeira e dille a un túmulo: ñoquis e salsa de tomate para a súa roupa manchar.

Vai un c con cedilla e dille a unha tónica: apetécelle un cigarro?

Vai un solpor e dille a un rapaz feo: carai, vaia pintas! Nin o día máis anubrado eu estou así.

Vai unha patria pequena e dille a unha caixa de correos: É tan pequeno o que eu posúo que ben cabe dentro túa.

Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca: O meu amigo Adolfo di que nesta discoteca están todos xuntos, que non se respecta o espazo vital.

Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X: Sabía que non debera meterme aquí.

Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base: Aí arriba, entre a escuridade do ceo, brilla o reino de Deus.

Vai a néboa dun verso, sae do poemae acatou a Constitución: Lendo os meus dereitos non debería estar aquí.

Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes: Aínda non saíu o Mariscal?

Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais: Onde hai hermetismo, non hai medias verdades.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.