venres, 19 de maio de 2023

O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas, recensión de Martín Rivera Vázquez (1º Bach B)

Esta novela transcorre en dous espazos diferentes: Por unha banda na antiga vida de Isla (da cal descoñecemos) e a parte que todos coñecemos que é cando se muda ao barrio que todos sabemos. Nese lugar cambiaralle a vida por completo como xa dixen antes. Polo que puiden ler da novela describe moi ben unha vila galega: coas súas tabernas, os faros e esas características que as fan únicas no mundo deixando de lado os crimes que se cometen. 

Á parte de todo isto pódese dicir que a novela esta escrita en 1ª persoa, xa que conta e di en todo momento o que pasa nese instante en que ou viven tanto a protagonista como os personaxes secundarios.

Non foi nada doado para Isla, a protagonista da obra, cambiar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Ela ansiaba pasear polo espazo, era o seu maior desexo desde que era unha simple nena, xunto a visitar planetas. Todo iso facíao a través do seu telescopio, utilizando toda a súa gran imaxinación . 

Casiopea, o nome da esposa de Cefeo de Etiopía e nai de Andrómeda, era o nome que utilizaba nos foros sobre astronomía nos que adoitaba participar e pasar todo o tempo do mundo. Alí foi onde coñeceu a Xúpiter, un mozo que parecía saber moito sobre os elementos atmosféricos, en especial, as estrelas. As longas conversacións que ambos mantiñan durante o día e gran parte das noites, acenderon entre eles dous unha conexión moi especial. Entre eles existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo, como ben recoñecía Isla ao longo da novela. Ela sentía a necesidade de sabelo todo sobre a vida Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Ata que os dous deron o paso de citarse para coñecerse unha noite de San Xoán, de grandes fogueiras e dun mar revolto. Foi entón, cando Isla, despois de despedirse da súa gran amiga Mar, precipitouse na escuridade sen saber o que lle ocorrería. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre despois de saber a dura verdade sobre Xúpiter.

É unha magnífica novela que nos mostra dunha forma brutal unha realidade con moito máis perigo do que cremos. O desenlace é canto menos sorprendente, valente, sublime, pero sobre todo necesario para darnos conta da realidade que está á orde do día . E por último, dicir que ademais fai referencia a cantidade de libros marabillosos, algunha que outra película de anime... Onde ademais, sabe meter na novela datos interesantísimos sobre a mitoloxía grega e astronomía de forma sinxela e preciosa como o facía Isla. 

O libro é unha verdadeira xoia. 100% recomendable para reflexionar e aprender. Eu creo que para nenos de máis de 12 anos deberíano ler xa que aprenderán que a vida non só son risas

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...