sábado, 20 de maio de 2023

Cando sangren os lobos de Adrián Gómez Ramos, recensión de Álvaro Estévez Feijoo (1º Bach B)

É unha novela policial de Adrián Gómez Ramos. Conta a historia dun policía (Fernán), que é un lobishome, ten a obrigación de descubrir un caso, no que un neno se atopou morto con graves feridas, que non podían ser causadas por un animal ou humano. Pero el sospeitaba que se podía tratar doutro lobishome. Nesta aventura Fernán e o seu irmán Xandre van descubrir os segredos dos lobishome.

Fernán Malvís:

Traballa como policía en Santiago de Compostela. A súa vez, é un lobishome que se transforma só en lúa chea, e que para non causar incidentes encerrase nun armario blindado. Seus pais eran igual ca el e ensinábanlle vagamente os segredos dos lobishomes. Pero Fernán só se vía a si mesmo coma un monstro e detestaba selo. Por iso nunca quixo aprender da súa descendencia nin ter nada que ver con iso. Esa tamén é a razón pola que non quería unha relación con alguén.

Xandre Malvís

É o irmán menor de Fernán, que foron separados despois da morte dos seus pais, e foi coa súa tía, acaba volvendo con Fernán en Santiago. A súa tía estaba escandalizada porque era homosexual, por iso non lle di nada a Fernán, por medo a que tamén o bote. Pero un día atópao con Breogán e Fernán dille que non se preocupe. Ao contrario que Fernán, el non é un lobishome, e interésalle moito ese tema, sempre intentando aprender máis sobre eles e elaborando esconxuros. Parécelle que Fernán desperdicia unha oportunidade, encantaríalle ser un lobishome. Chega un punto no que lle pide ao seu irmán que o morda para converterse nun, este traumatizado négallo, máis tarde descóbrese que se unha persoa que rexeita os xenes de lobishome é mordida por un, convértese nunha criatura a medio camiño entre lobishome e humano para sempre. É un rapaz curioso que quere ser alguén máis, non quere depender dos demais como cando a tía a abandonou e quedouse só.

Ana Xil

É a compañeira de traballo de Fernán, os dous estaban ao cargo da investigación do caso no neno morto ata que o xefe declarou que era caso cerrado, pero non deixaron de investigar. Ao final descobre a verdadeira identidade de Fernán e pídelle que non lle volva falar, que non quere un amigo coma el. Case morre a mans de Alicia. É unha muller intensa e nunca se rense ante un obstáculo.

Pedro Garrido

Un rapaz que está atrapado sendo metade humano e metade lobishome para sempre, é o irmán de Alicia.

Alicia Garrido

É a irmá de Pedro, pero esta si que é un lobishome, e está protexendo ao seu irmán e cre que non é a súa culpa ser así. Ameazou a Fernán se non deixaba a investigación, pero este seguiu. Por iso Alicia intentou matar a Xandre no piso de Fernán, pero este logra defenderse cun conxuro; nese momento chega Ana e Alicia atacouna e case a mata. Ela só quere protexer o seu irmán, pero fai dano aos demais cando non o pode controlar, pero tampouco pode facer nada para salvalo.

Os pais de Fernán e Xandre.

Intentaron darlles unha boa educación sobre os lobishomes, pero a Fernán só aumentaban a súa idea de ser un monstro, por iso afastouse deles. Mentres que Xandre só vía o positivo e desexaba ser un deles.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...