Nesta novela a autora fai unha crítica á sociedade machista na que aínda hoxe
vivimos, ás veces camuflada, pero latente. Conta o problema deste tipo de
violencia, tanto física como psicolóxica, que moitas veces pasa desapercibida e
é xustificada polas mesmas vítimas.
A novela chámase deste xeito facendo
referencia a unha escea do relato no que Alana está co fillo da outra muller,
coa que casou seu pai. Ela pregunta polo nome dunhas árbores e el dille que se
chaman senlleiras, que quere dicir que son singulares, que merecen ser
recordadas. Este nome é unha homenaxe ás vítimas de violencia de xénero da obra e
de todo o mundo.
É unha novela doada de ler e de seguir, que trata un tema moi
importante dunha forma moi orixinal e está ambientada na nosa propia cidade,
perto da fonte de Catro Camiños.
Gustoume moito, é unha lectura recomendada que
ten presente este tema, tristemente común.
Ningún comentario:
Publicar un comentario