domingo, 29 de novembro de 2020

Debería ser legal a eutanasia?, Inés No Mosquera (1º Bacharelato A)

Antes de nada, que é a eutanasia? Esta palabra vén do grego, eu (que significa boa) e thanatos (morte); pero dende un punto de vista médico é o acto de provocar intencionalmente a morte dunha persoa que padece unha enfermidade incurable para evitar que sufra.

Agora, respondendo a pregunta principal, a eutanasia debería ser legal porque non ten sentido que alguén teña que ser castigado simplemente por quitar o sufrimento a alguén que de verdade así o quere, xa que se teñen dereito a vivir tamén o teñen de morrer voluntariamente e os que están en contra pensan que cos coidados paliativos xa non fai falla.

Tamén porque segundo as enquisas tanto a maioría da poboación como dos médicos están a favor e os últimos afirman que as peticións de eutanasia ou suicidio asistido non son excepcionais.

En terceiro lugar porque esta, aplicada baixo unhas normas adecuadas, pode ser unha práctica médica e eticamente aceptable xa que respecta a decisión propia.

Ademais a medicina non pode evitar a morte, pero si pode e debe evitar o sufrimento innecesario.

E por último, a súa legalización non significa que a obriga de practicala, senón que dá a liberdade de ter acceso a ela sen represalias.

Así como dato, a eutanasia só é legal en 6 países de todo o mundo: Colombia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Canadá e no estado de Victoria en Australia, pero, por que non en España? Recentemente esta cuestión estivo presente debido ao caso de Ángel Hernandez e María José Carrasco onde María, enferma de esclerose múltiple, pediulle ao seu marido, Ángel, que a axudase a morrer, e como consecuencia o detiveron. Suponse que no 2021 sacarán unha lei que regulará a eutanasia e o suicidio en persoas maiores de 18 anos e tan só se son enfermos terminais ou crónicos graves que non sexan autónomos.

En conclusión, a eutanasia, que é o acto de axudar a alguén a morrer para que non sufra, está ben vista por cada vez máis xente que cre que si deberían ter ese dereito, pode ser unha práctica médica, e a súa legalización non supón unha obriga, só é legal en Colombia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Canadá e no estado de Victoria en Australia e en España aínda está pendente.


O bullying, Gabriel Ares Bravo (1º Bacharelato A)

O bullying ou acoso escolar é un tema moi actual hoxe en día, o cal por unha parte é bo, porque ao ser mais falado pode previrse facilmente pero tamén pode igonarse. A definición de bullying é: acoso físico ou psicolóxico ao que someten, de forma continuada, a un alumno os seus compañeiros. 

A maioría dos nenos (segundo algún estudo cerca do 80% dos nenos) sufrírono algunha vez, o cal é triste porque parte da culpa e das familias. Moita xente pensa que é culpa dos nenos, o cal é mentira porque as familias non ofrecen a confianza necesaria para falar, botando reprimendas innecesarias ás veces que fan que o neno perda a confianza. Pola parte da familia do agresor, este pode agredir os seus compañeiros porque na súa casa non hai unha familia, senón caos e pelexas e problemas constantes, os cales entran na cabeza do neno e convérteno nunha persoa con odio que fai cousas como acosar a outra xente. 

No recinto escolar os profesores deberían de estar alerta deste tipo de cousas, non porque sexa a súa obriga, senón porque son persoas e a maioría de xente quere que o seu contorno de traballo estea ben e que todo vaia ben, sen que haxa conflitos nin problemas. Tamén, se ven que un neno está mal, aínda que non o vexan ben, deberían falarlle, xa que os adolescentes pasan por moitas cousas que ven sen solución, pero coa axuda de alguén sempre se poden solucionar. Ás veces, escoitando podemos ver unha maneira moi sinxela de solucionar os problemas que outras persoas vían ese problema como un muro enorme, e ti podes ensinarlle a rodealo. 

En conclusión, o acoso é moi malo, pero todos participamos nel, e o peor é pasar e mirar cara outro lado sen facer nada, o que hai que facer é actuar para solucionar todo e poder vivir todos tranquilamente.

xoves, 26 de novembro de 2020

PALABRAS E SENTIMENTOS COTIÁS

Como conmemoración tardía das Letras Galegas 2020 dedicadas a Carvalho Calero e adiadas a este mes de outubro o alumnado de 1º e 2º da ESO elaborou este dicionario visual con palabras relativas a sentimentos e sensacións cotiás e que aquí vos ofrecemos.


NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO: OS NOSOS NOMES DA NATUREZA

O alumnado máis debuxante de 1º e 2º da ESO deseñou estas láminas coas imaxes e os nomes da natureza para reivindicarmos o dereito a falar do noso contorno natural na nosa lingua.

 

EXPOSICIÓN XERACIÓN NÓS NA BIBLIOTECA GONZÁLEZ GARCÉS DA CORUÑA

mércores, 25 de novembro de 2020

SAMAÍN: O diario dun asAsino, Lucía e Diego Rodríguez Sanjurjo e Emma López Picos (4º ESO D)


No mundo, hai diferentes tipos de asasinos: psicópatas, asasinos en serie e eu. 

Fago isto dende hai tempo, matei a máis de 15.000 persoas, algunhas por motivos persoais, outras por pracer e, a maioría, por cartos. Matei a tanta xente que me resulta difícil mirar a alguén aos ollos e non pensar na forma máis cruel de matalo. Este é o meu modo de vida, é o que escollín e é o que farei. 

Como busco as miñas vítimas é unha das preguntas que máis me fago... Realmente non o sei. Só miro a alguén e teño a sensación de que debe morrer. Cando me chega este sentimento, gústame xogar coa miña vítima. Digamos que, no mundo do asasinato, a tortura é a miña parte favorita. Gústame facer berrar á miña presa de agonía, ver como sangra cando corto os dedos con alicates e as súas caras aterrorizadas cando saco os meus xoguetes. Adoito escollelos segundo a cara que poñen ao sacalo, así que sei cal lle da máis medo. Gústame ser creativo cando torturo e inventar armas é a miña afección favorita; en parte, as miñas vítimas son as miñas cobaias para probar os meus novos xoguetes. 

Non só torturo fisicamente, tamén me gusta destruír a mente do meu obxectivo, deixándoos, normalmente, nunha sala de espellos previamente preparados con imaxes de persoas mortas que aparecen sen parar nos espellos. Así durante 24 horas, sen comida nin auga. Agora si, a miña parte favorita: a tortura. Levo a miña vítima a un cuarto onde só hai unha cadeira con gravata, unha mesa, tamén con gravata e os meus xoguetes. Normalmente comezo polos membros máis fráxiles: orellas, dedos, lingua ... Depende de se quero que o meu obxectivo sufra moito ou pouco. 

Ah, case o esquezo, non adoito comezar cos seus órganos, déixoos para o final; se non, podería matar a miña vítima demasiado pronto e iso non sería divertido. Unha vez que acabo de cortarlles as extremidades máis fráxiles, vou co ácido: sobre todo, queimo as pernas, no caso de que pensen fuxir, se iso non funciona, queimo parte do peito como aviso final e se non, os ollos. Os ollos pasan por último porque quero que a miña presa vexa o seu final e que se arrepinta de nacer. 

Ultimamente xogar cos seus órganos abúrreme, así que collo un coitelo de bordo liso e corto a carne dos brazos, sempre procurando non danar partes importantes para que non morra. Pero, a verdade é que as últimas persoas que secuestrei son demasiado débiles e non duran 3 días, e iso que o intento. Terei que ir por outra cousa...

RECEITAS DE COZINHA EM PORTUGUÊS

O alunado de 2º da ESO de Português desenhou estas cartolinas com receitas tradicionais aprendidas de mães e avós que vão estar expostas no ...