domingo, 7 de xuño de 2020

O son da xordeira de Antía Otero, Andrea Ansede Varela (4º ESO A)

Un dos poemas que máis me gustou ou me interesou foi o da autora Antía Otero, O son da xordeira. A autora fálanos con pulso firme, con enteiriza, pero tamén con medo, e con frío. Porque todo é un inmenso drama que vivimos, que nos contan. 

Mostra como as mulleres nos tratan abrir cara unha mirada nova. Mostra tamén algo marabilloso pero moi triste, cando Antía no seu poemario nos fala das mulleres que como mostra no comezo do poema cosen e traballan, sen poder abrir os ollos, sen poder vivir ou como ela nos pon, non quere ser a Selene que queda ollando ó Endimión ou aborrecen que contan grans de area. Todo isto para defenderse e sen ter a posibilidade de estar nunha realidade que as agrede e que non as deixa poder fuxir ou que poidan desexar. 

Ela non quere ser Penélope. Non quere estar nunha situación nun plano morto. Quere escapar do amor, mostrando unha sensación de que non soportamos o papel que o mundo trata de asignarnos. Con este poema mostra como unha denuncia da situación indignante que ten a muller e na que o poeta quere mostrarse como libre. Cos personaxes que aparecen, como Penélope, Selene, Sibilas e o Amazonas póñenos en situación de mitoloxías e deusas, o cal pareceume moi interesante. 

Na miña opinión, busca deixar un gran pensamento pero sen indicalo directamente. Isto fai que o lector pense no que quere transmitirlle a autora, é que o faga dunha maneira como creando beleza pero sen facer por así dicilo moito ruído. Paréceme moi interesante a súa maneira de comparar o que as mulleres xa queren deixar de ser, cos exemplo das deusas. Pon exemplos, como xa non queren ser a Selene, xa que mostra como as mulleres teñen esa sensación de que non poden aguantar máis o papel que a xente ten gardado para nós. Eu penso que sobre todo no primeiro, fai unha crítica do papel das mulleres simbolizadas como costureiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario