martes, 2 de xuño de 2020

O bullying, Emma Buján Mouriño (1º ESO A)


A miña opinión sobre as faltas de respecto ou o bullying que exercen algunhas persoas sobre outras por mor de “defectos”

Para comezar, as faltas de respecto ou o bullying non é algo co que xogar, xa que moita xente sofre del e pasa por cousas complicadas por esta falta de respecto e de empatía.

As persoas que fai bullying ou demais faltas deste tipo, soen ser aquelas que están sufrindo polo mesmo na casa, ou que cren que teñen valor e opinión sobre os outros, cousa moi equivocada pero que moitos pensan.

NON PODES DEIXAR QUE NINGUÉN INFRAVALORE NADA, DA TÚA PERSONALIDADE, OU DO TEU FÍSICO... NADA!

Esa xente non se decata do dano que pode chegar a facer, pero non só é culpa da persoa que fai e di todo iso, senón tamén dos demais que o rin, xa que isto fai que non se deteña esta situación, e que vaia a máis. Pero o peor destas situacións, é que máis da metade das persoas que sofren destes problemas, non piden axuda, non avisan a ninguén para que todo pase; soamente calan por se despois teñen aínda máis problemas.

Estas cousas poden solucionarse, pero para iso TES QUE QUERELO, TES QUE PEDIR AXUDA, avisar a alguén no que confíes para poderlle contar todo o que che está a pasar. Moitos non o fan, e ao final acaban pasando cousas realmente terribles. Temos que ter empatía, e antes de falar, pensar e dicir para nos mesmos: “vou dicir isto, pero gustaríame que mo dixeran a min?” Esta é a pregunta que a maioría das persoas non se fai, e finalmente rematan facendo dano a outras que non teñen culpa.

TES QUE PROTEXERTE E NON PERMITIR QUE FALEN ASÍ DE TI, TES QUE PARAR A SITUACIÓN E SOLUCIONALA.


Emma Buján Mouriño 1º ESO A

Ningún comentario:

Publicar un comentario