O tempo,
efémera ilusión
 que nos aborda continuamente.
Reloxo que se iniciou,
 e non para,
Cada decisión,
cada lágrima,
cada abrazo,
afástanos do comezo
e lévanos máis cerca da meta.
A búsqueda errónea
que nos fai perdelo.
A esperanza
dun minuto máis.
Cando chegas anhelas tempo,
o teu mundo remata,
Querer adiantar o reloxo,
para despois,
tratar de fuxir del.
Tensos por un peso,
que nós mesmos ideamos,
Porque precisabamos razóns,
precisabamos unha historia,
algo que contar ao futuro.
Xa que é esa,
a existencia humana,
a cal precisa unha escusa
para ser o centro de todo.
A cal creou o tempo,
o seu medo infinito.
E a pesar de todo isto,
sabemos que non o temos,
e escollemos  malgastalo.
Non rexistramos os momentos,
ata que miramos atrás.
Porque ao final
só somos
pasaxeiros,
e vivimos no vagón da festa,
ignorando as vistas
ata que un día chegue
a revisora...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
CALIGRAMAS DE 4º ESO C
Daniela Cruz Allegue Valeria Carmona Barral Fabián Fernández Blanco Carla Seijido Baamonde Mabel Martín Allegue Manuela Díaz Real Rebeca S...
 
- 
Tres catorce dezaseis é unha novela da autora ceense Rocío Leira Castro, coa que chegou a ser finalista na última edición dos premios Jules...
- 
Tres Catorce Dezaseis trátase dunha novela policíaca ambientada no mundo das matemáticas. Este libro está escrito por Rocío Leira, nacida ...
- 
O que sei do silencio de RemoeaLinguaLinguaGa
 
 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario