martes, 2 de xuño de 2020

Axiña esquecedes, Lorena López (1ºBacharelato A)


Axiña esquecedes!
Disque as cousas morren cando deixamos de lembralas.
A morte é parte da vida. Que paradoxo que hoxe semelle que xa non hai mortos, convertidos en simples números para así poder (sobre)vivir.// evitar ese (mal)vivir.
Axiña esquecedes!
Na miña rúa xa non sae ninguén ás xanelas e “as oito” son una hora máis no reloxo na que o balbordo é moito menor. Xa non hai sorrisos ou, polo menos, xa non se ven porque perdemos a metade da faciana e o verde parece natural. As prazas son quirófanos e seguimos sen ver nenos nos parques.
Pero que axiña esquecedes que o xeo foi depósito de cadáveres, que o pazo foi hospital. Que axiña esquecedes que chamastes superheroes a aqueles que non teñen máis superpoderes ca o seu traballo, nin máis legado ca os recortes... E xa non os lembrades, porque no 5ºB vivía unha enfermeira que agora xa non ten casa, nin coche, nin razóns polas que brindar…
E axiña esquecedes. Que os virus non entenden de historia e que todos cometemos erros, que os mortos doen máis cando non hai ninguén a quen culpar. E axiña esquecedes os días das rúas en silencio, a Gran Vía afogada na penúltima cervexa ou a boina que por fin desapareceu da cabeza de Madrid.
Queredes que vos digan que xa non fai falta recordar a curva.
Os mortos doen máis cando non queda ninguén a quen culpar.
Axiña esquecedes que as bandeiras non poden curar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VÍDEO LETICIA EIRÍN NA CAMPAÑA AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO

Velaquí tedes o vídeo de Leticia Eirín , profesora de Literatura na UDC e ex alumna do IES Monte das Moas que se suma á campaña de Aquí tamé...