martes, 2 de xuño de 2020

Como me sentín no confinamento, Candela Rodríguez Fernández (1º ESO B)


Isto aínda non rematou pero parece que todo o mundo esqueceu como era ao comezo. Centos de casos diarios, moitas mortes, non se podía saír da casa.

Agora a todos nos dá igual, non? Xa podemos ir ao bar cos amigos ou á praia, que máis dá que aínda non acabaramos co virus e que siga por aí. Un virus moi contaxioso que nalgúns casos pode ser moi perigoso. Como a xente non mantén a distancia, eu tampouco.

Pero e se unha persoa dese bar o da praia, ten coronavirus? E se logo vas ver aos teus avós? Paréceme que nesas circunstancias xa non che dá tan igual, verdade? Por esa mesma razón que non queres que os teus familiares o pasen mal, non debes facer que o pase o resto do mundo. Por moito que queiras abrazar a xente e che custe gardar as distancias, pensa que se o fas podemos vencer o virus, e todo isto rematará e poderás estar todos os días cos teus amigos e darlles todos os abrazos que queiras.

Eu aprendín que por moitos obstáculos que teñamos por diante, temos que superalos o mellor posible e con moita esperanza. A miña irmá ten 5 anos e o seu aniversario foi o 1 de abril. Ela quería ver os seus amigos, pero explicámoslle que non se podía porque era perigoso. Estou moi orgullosa dela porque o entendeu á primeira e na rúa cando ve a alguén ela apártase para non contaxiarse. Xa sei que ao principio parecía que nos íamos a aburrir moito pero non está tan mal. Volvín facer moitas cousas que me gustan e incluso probei algunhas novas, como, por exemplo, tocar o piano.

Aínda creo que todos estamos de acordo en que os deberes e os traballos son o peor, vexo que estamos demostrando moi ben que somos uns alumnos/as excepcionais, verdade? Na miña opinión, cada un afronta esta situación de maneira distinta, pero estou segura de que todos o facemos o mellor posible.

CANDELA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 1º ESO B

Ningún comentario:

Publicar un comentario