xoves, 24 de xuño de 2021

Ámote Leo A. Destino Xalundes de Rosa Aneiros, análise da obra de Eva Peña Porto (1º Bach A)

Leo é unha rapaza que decide marchar para coñecer o mundo unha vez remata a súa carreira universitaria. No principio ía a facelo con outros amigos pero estes botáronse atrás algúns meses antes de facelo, de modo que decide viaxar sóa. Sin embargo, a súa nai móstrase reacia a esta idea e a tacha de egoísta por abandonar a súa familia cando están a pasar un momento non moi bo.

Ela ignora as súas advertencias e vai cara Lisboa, a súa primeira parada. Alí a recibe un dos seus amigos no extranxeiro, quen lle ofrece techo durante os días que vai estar en Lisboa.

A súa segunda parada foi Barcelona, onde deuse conta de que en Lisboa gastara máis do previsto, de modo que decide aloxarse nun lugar de baixo costo para poder seguir o viaxe co diñeiro que tiña. Atopou un lugar no que podería dormir por tan só 6 euros pero xunto con 39 persoas máis na misma habitación.

Porén aquela habitación non foi tan mala como pensou, pos estaba formada por xente coma ela. Allí coñeceu a dúas amigas, Ruth e Cía, mentras que choraba polas cousas que lle roubaran e por non saber o que facer coa súa vida. O primeiro lugar que visitio xunto con ese grupo foi a Sagrada Familia.

Leo foi a numerosos sitios con este novo grupo, e acabaron por comprar unos cantos bocadillos e sentar nun banco cunhas boas vistas. Pero Leo non se dera conta de que o banco tiña escrito una frase "Ámote Leo A".

O terceiro destino foi Granada, onde conseguiron quedarse nun albergue que fora tamén de baixo precio, pero de mellos calidade que do de Barcelona.

A primeira noite foi terrible para Leo, pois non daba collido o sono, así que decidiu ler un pouco dun libro que tomou prestado na biblioteca do albergue. A pesar de que era interesante, acabou por pechalo.

O seguinte destino, debido ao sono que tivo aquela noite foi Marrakech, onde a acompañou un dos seus novos amigos, Edmundo, debido a que o resto decidiera facer o camiño de Santiago debido a no ter máis cartos para seguir viaxando.

Edmundo, que viaxaba moito, conseguiu unha estancia gratuita nun pazo de luxo debido a que coñecía a un alto cargo do mesmo. Leo quedou asomada polo lugar despóis de visitar varios monumentos xunto co seu amigo.

En cada cidade, atopaba finalmente unha frase escrita "Ámote Leo A". E cando por fin Leo atopa a primeira pista acerca do seu admirador, é cando a autora poñe punto e final a esta primeira parte de tres.

PERSONAXES:

  • A protagonista é Leo, quen en moitas veces amósase agobiada polo tema da súa familia. Pese a que trata de mostrarse despreocupada e non pensar no tema, varias veces ao longo da historia da o seu punto de vistta sobre cómo está a sentirse respecto a indiferencia da súa familia cara ela, quen acaba de rematar a carreira e non recibe nin un "felicidades" por lograr iso.

  • Andrés, Mayra, Cía e Ruth. Son entes secundarios que aparecen como apoio a protagonista, ademáis que son da súa mesma "cepa", persoas que se veron perxudicadas polas súas familias e saíron en busca de aventuras.

  • Edmundo. É unha das persoas máis cercanas a Leo durante a súa historia. Escoita os seus máis profundos pensamentos durante a estancia en Marrakech e a consola cando o necesita. Convértese sin duda nun dos mellores amigos durante a súa xornada fora da casa.

  • O resto de personaxes teñen ou pocas intervencións ou non teñen un desenvolvemento notable do que falar, polo que son planos e secundarios.

AUTORA: ROSA ANEIROS.

Rosa Aneiros é unha escritora galega nada en 1976 licenciada en ciencias da comunicación. Escribiu esta novela como base da súa experiencia personal nunha das suás viaxes coma periodista.

Ten algúns premios en obras colectivas, literatura xuvenil, e artículos periodísticos, na súa mairoía editados por "Xerais", unha das grandes editoras galegas. Os premios máis destacables son os seguintes:

  • Premio Xerais a la mejor novela en 2009 por Sol de inverno.2​

  • Premio Fervenzas Literarias a la mejor portada para adultos en 2009 por Sol de inverno.

  • Premio Fundación Caixa Galicia al mejor título de literatura juvenil en 2009 por Ás de bolboreta.

  • Premio Fervenzas Literarias al mejor libro juvenil en 2009 por Ás de bolboreta.

  • Premio The White Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) en 2010 por Ás de bolboreta.

A día de hoxe segue escribindo con moita ilusión sobre os temas que lle gustan.

OPINIÓN:

Esta novela gustoume moito, a verdade é que moitas veces empatizaba coa protagonista. Téñome sentido así moitas veces, xulgada pola miña familia e tachada de egoísta, pero eu xamás marcharía cara Europa ignorando os problemas internos da miña familia.

O final sobre quen era o anónimo non o cheguei a descubrir posto que a novela está dividida nunha triloxía que non tiven tempo de ler completa así que non puiden saber quen é a persoa que escribía aquela mensaxe tan curiosa.

O final é un tanto aberto (obviamente, posto a que hai dúas partes máis), pero polo xeral desfrutei da miña lectura, algo que non fixera en bastante tempo con calquera libro do instituto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...