xoves, 24 de xuño de 2021

Anagnórise de Victoria Moreno, recensión de Iván Couto Pintor (1º Bach A)

Anagnórise é unha novela de amor escrita por María Victoria Moreno,e publicada pola editorial Galaxia no 1988.

María Victoria Moreno,naceu en Cáceres o 1 de Maio do 1939 e morreu en Pontevedra o 22 de Novembro do 2005.

Foi editora,traductora,mestra e escritora de literatura infantil e xuvenil da lingua galega .

Unha das súas obras máis importantes foi ANAGNÓRISE, obra reeditada moitas veces e traducida a varias linguas.

O 17 de Maio de 2018 ,foi a protagonista do día Das Letras Galegas.

Durante a Ditadura franquista non se ensinaba a lingua galega, pero ela adicaba parte das súas clases de literatura española a ensinar a literatura galega.

Xa dende moi nova tiña unha admiración por Galicia e a súa lingua, de aí a entrega absoluta á defensa e promoción do galego.

Foi unha escritora pioneira en escribir obras narrativas para o público infantil e xuvenil.

ANAGNÓRISE foi unha novela incluída na LISTA DE HONOR DA ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL PARA O LIBRO XUVENIL no 1990.

É unha novela contada en primeira persoa e mezcla monólogos e diálogos.

Nesta novela conta a historia de Nicolau ,un rapaz de 17 anos ,que agobiado pola situación familiar ,traizón da súa moza e problemas no instituto,decide marchar da casa.

Facendo autostop, recólleo unha muller que vai a Madrid, que terá máis que ver con el do que nunca podería imaxinar Nicolau.

Nesta viaxe de Galicia a Madrid,podemos ver distintos momentos e memorias de Nicolau e a muller(XULIA),que oculta o seu nome ata o final,resultando ser a nai da súa moza Natalia.

Cós seus diálogos naturais podemos ir apreciando a personalidade de cada persoaxe.

Nicolau ten ideas moi machistas que son rebatidas pola muller que o recolle,tendo esta un carácter moi ben definido e forte.

As conversas coa muller fan que Nicolau poida ser consciente de si mesmo,de aí o titulo ANAGNÓRISE,que é o recoñecemento da identidade dun person

axe por outros ou por si mesmo,pasando así da ignorancia ó coñecemento a través de distintas circunstancias ou vivenzas.

En definitiva ,podemos dicir que é unha novela de amor,cun carácter feminista,no que vemos o crecemento persoal do protagonista,no que nun principio podemos ver o carácter dun adolescente e ó final,o crecemento alcanzando a madurez.



Na miña opinión recomendaría este libro porque é unha novela de fácil lectura,unha novela de aventuras e con poucos persoaxes na que podemos apreciar o difícil cambio da infancia á idade adulta,cunha crítica social incluída.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO