xoves, 24 de xuño de 2021

21 DÍAS CO GALEGO NAS MOAS, Iván Couto Pintor (1º Bach A)

21 días falando en galego é un reto no que se pretende que empreguemos a nosa lingua en tódolos ámbitos, non soamente no académico .

Son unha persoa que non falo galego na casa nin tampouco no meu contorno, pero uninme a este reto.

O primeiro día, cando me erguín, empecei falando galego na casa. Tiña que pensar ben o que dicía e algún dos verbos custábame e algunha palabra tamén.

Cando voltei da escola ,fun á casa dos meus avós ,e como nunca falaba galego alí,preguntáronme o porqué de falar galego todo o tempo.

Eles axudáronme, xa que eles están acostumados a falar galego,aínda que non é o normativo.

O segundo día empecei igual na casa.

As veces esquecíaseme falar o galego,pero pronto voltaba a falalo.

Pola tarde fun ao supermercado a mercar, e cando falei o galego,ela contestoume en galego tamén.

Durante os primeiros cinco días en xeral custábame máis falalo galego,as veces esquecíame e outras veces tiña que pensar palabras.

Durante os seguintes cinco días xa me ía custando menos, falalo xa me saía de principio,aínda que había xente que cando eu falaba en galego, eles respondíanme en castelán,e iso facía que ás veces me trabucara.

Os dez últimos días en xeral xa non tiña moito problema en falalo,e incluso cando me falaban castelán, nas tendas ou algún amigo, eu seguía co galego.

Cando eu falaba en galego con xente que non o falaba, había algún que facía por falalo tamén ,e aí eu notaba que non estaban acostumados e pasáballes coma min ó principio.

Un dos últimos días fun a libraría e notaba como algunha xente moza miraba para min, eu púxenme nervioso e custábame un pouco máis falar en galego,e mesturaba algunha palabra.

En xeral ,á xente que nos estamos acostumados a empregar o galego,a forma de expresarnos non é tan doada nin fluída como se falásemos en castelán.

En resumo de todos estes días falando galego,observei que hai máis xente maior que fala en galego, aínda que non é o normativizado.

Nas aldeas o falar en galego non está tan mal visto como nas cidades, aínda que cada vez hai más xente xoven,e organismos públicos que o fala e emprega nos seus escritos.

O futuro do galego está en nós. É a nosa responsabilidade o mantelo no futuro.

Os idiomas sobreviven se os seus falantes deciden usalo,e non soamente na escola.

O galego deberíase falar nun ámbito máis amplo,e debemos falalo sen medo nin vergoña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO