martes, 9 de maio de 2023

Poema de Xabier Gómez Romero (2º Bach C)

           


Aluméame luniña aluméame luar

Baixa lúa que clareas aló polo fondo do mar,

Camiñando serpenteas as ondas que fas brilar

Durmindo as estrelas que ti bicarás.


Entrando no amencer comezas a desbuxar

Falando co sol a ver quen mandará,

Grandando o Sol máis pequena te farás

Halterofilia darase de forma natural.


Illas de San Simón mirando para o Sol

Lamben nas beiras ondas con moito sabor,

Morren de mágoa e tamén morren de amor

Nace unha meniña, que alegría no corazón.


Orfeo xa está na casa

Pepiño aínda no bar,

Quique anda durmindo

Rosiña que mal acompañada estás.


Sara é a meniña que anda no berce coa nai

Teodisia anda con Rosa pra nena cuidar,

Unto vello na pota que boa pinta o xantar

Vai mirar a pota Rosa non se che vaia queimar.


Xabi xa está ao chegar,

Zampar nunca lle sentou mal.


Igualdade, poema de Daniela Lafuente Lorenzo (2º Bach C)

 


IGUALDADE

Mortes causa a guerra

ninguén quere loitar

todos queren gritar.

Que inxusta a guerra!

Aequad omnes cinis, 

remateremos no mesmo lugar.

 

Ante a morte

todos iguais somos

rico ou pobre

cinsa seremos

 

ACRÓSTICO DE DANIELA LAFUENTE LORENZO (2º Bach C)

 


A ansiedade non é nada; é moito máis difícil do que parece.

Non sabedes que inventar, ansiedade, á vosa idade?: si, temos ansiedade e non é a nosa culpa.

Se estades tan mal, ide ao médico; non é tan sinxelo.

Igual deberiades deixas de sobrepensar as cousas; oxalá puidésemos.

Entón, poñedes a ansiedade de escusa para todo; se realmente soubeses como é, non a verías de escusa.

Desde cando tes ansiedade? Se hai nada estabas ben; non sempre se ve desde fóra.

Agora todos tedes ansiedade ou que? A ansiedade non é ningún xogo, simplemente agora está máis visibilizada.

Dubido que sexa para tanto; para ti pode non ser nada, pero cada persoa séntea dunha maneira diferente.

É cousa da túa cabeza, cálmate e xa está; se souberas como se sente...

venres, 5 de maio de 2023

ACRÓSTICO DE NOA LÓPEZ FERREIRO (2º BACH C)


Acabarei os estudos?

Desexando cumprir os 18

Oxalá valorasen máis os sentimentos e non tantos exames e estudos

Lisca do meu cuarto, papá!

Estou farta de todo

Saímos de festa o sábado?

Cantos exames!! Non me dá a vida!!

Eu teño máis vida ca os estudos.

Nada máis faga os 18, marcho da casa.

Todos suspenderon. O exame era moi difícil, mamá!

Éche o que hai

ACRÓSTICO DE ANDREA ZAMPALO PÉREZ (2º BACH C)


Sempre pendente do paso do tempo

Obedece os nosos maiores

Compararse cos demais nunca é a solución

Independente en todos os aspectos

Exemplo a seguir

Dicir e falar con  liberdade

Aterrado polo mundo exterior

Dono dos seus propios pensamentos e soños

É esencial en tarefas necesarias para a continuidade da vida

mércores, 3 de maio de 2023

AUTOPOÉTICA DE DANTE FERNÁNDEZ ANTELO (2º Bach C)

Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera: rétote a revolucionar o canto cos silencios.

Vai un poeta moderado e dille ao colaborador da luz: antes de podernos cobrar, ben debes de pensar que, para un traballar, non debe pagar polo que ilumina o devagar.

Vai unha lavandeira e dille a un túmulo: ñoquis e salsa de tomate para a súa roupa manchar.

Vai un c con cedilla e dille a unha tónica: apetécelle un cigarro?

Vai un solpor e dille a un rapaz feo: carai, vaia pintas! Nin o día máis anubrado eu estou así.

Vai unha patria pequena e dille a unha caixa de correos: É tan pequeno o que eu posúo que ben cabe dentro túa.

Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca: O meu amigo Adolfo di que nesta discoteca están todos xuntos, que non se respecta o espazo vital.

Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X: Sabía que non debera meterme aquí.

Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base: Aí arriba, entre a escuridade do ceo, brilla o reino de Deus.

Vai a néboa dun verso, sae do poemae acatou a Constitución: Lendo os meus dereitos non debería estar aquí.

Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes: Aínda non saíu o Mariscal?

Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais: Onde hai hermetismo, non hai medias verdades.

AUTOPOÉTICA DE ESTRELLA CABADO POSE (2º Bach C)


XERACIÓN DE CRISTAL

Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera:

Xa estás chorando outra vez?

Vai un poeta moderado e dille ao colaborador da luz:

En lugar de queixarte poderías axudar

Vai unha lavandeira e dille a un túmulo:

Recoñece que o que fixeches está mal e eu tiña razón

Vai un c con cedilla e dille a unha tónica:

Avergóñome de ti, non podes ser como os demais?

Vai un solpor e dille a un rapaz feo:

Canso de que? Se non fas nada

Vai unha patria pequena e dille a unha caixa de correos:

Insiste todo o que queiras, aquí quen manda son eu

Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca:

Os da vosa idade non valen para nada

Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X:

Non podes poñerte así á mínima

Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille o cristián de base:

Deberías coller exemplo de... faino todo ben

Vai a néboa dun verso, sae do poemae acatou a Constitución:;

Ese non é para tanto

Vai unha musa e dille ao porteiro de discoteca de antes:

Cando non me teñas a ver que fas, eu non vou estar sempre

Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais:

Rosmas por todo, que pouco agradeces as cousas

Inxusta eu? A inxusta es ti

Sempre estás tirada na cama, fai máis un moble ca ti

Ti non tes preocupacións, non coma min

Á túa idade eu xa...

Levas moito sen falar comigo, logo non me pidas axuda


RECEITAS DE COZINHA EM PORTUGUÊS

O alunado de 2º da ESO de Português desenhou estas cartolinas com receitas tradicionais aprendidas de mães e avós que vão estar expostas no ...