mércores, 2 de marzo de 2022

Fahrenheit 451 de Ray Bradbury, Pablo Cagiao Rodríguez (1º Bach B)

Un animal chamado néboa de Ledicia Costas, recensión de Sofía López Caridad (1º Bach A)

A autora desta novela chamase Ledicia Costas. É unha escritora galega que naceu en 1979, licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. Mentres cursaba os seus estudos os seus relatos e poesías gañaron diversos premios literarios convocados pola universidade. Empezou a escribir desde moi nova, sendo unha autora versátil que trata os máis diversos temas, estilos e xéneros.. A súa primeira novela publicada Unha estrela no vento foi escrita cando era unha adolescente. As súas outras obras, pertencentes na súa gran maioría ao xénero infantil-xuvenil, recibiron importantes recoñecementos, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2015.

A novela narra sete relatos cruentos, brutais e inhumanos ambientados na Segunda Guerra Mundial. Todos eles constrúense a partir de distintas situacións durante o conflito bélico. Está escrita de forma directa, introducindo o lector nos relatos pero sen perder o contexto histórico do que se está narrando.

O primeiro e segundo relato son narrados en Leningrado, actualmente San Petersburgo, neles móstrase a historia de dúas familias que viven nunhas terribles condicións, debido ao asedio dos alemáns arredor da cidade, tentando sobrevivir e loitando contra a fame que se manifesta permanentemente durante esa época facendo estragos na mente dos que aínda permanecen vivos levándoos a cometer atrocidades.

O terceiro e cuarto relato están narrados en Estados Unidos. O primeiro conta a historia do afundimento do buque USS Indianapolis mesturando a narración do capitán do barco, Charles McVay e un rapaz que anos máis tarde descobre a historia do naufraxio. O segundo conta a terrible acción das bombas atómicas e as consecuencias que estas teñen, en poucos segundos, sobre unha cidade; arrasando todo ao seu paso.

O seguinte relato narra a barbarie das torturas producidas por Pietro Koch en Italia. Neste episodio narrase a través de varios interrogatorios o sufrimento perpetuo de varios presos que loitan pola súa vida e por recuperar a súa patria.

O sexto relato narra a historia de Martha, unha muller que foi levada a un campo de concentración e posteriormente trasladada a os sonderbauten, barracóns destinados a prostituir mulleres. Arredor de trinta e cinco mil mulleres foron protagonistas destas aberracións.

Por último, o sétimo relato narra os xuízos de tres altos cargos nazis durante os xuízos de Nüremberg. Os xulgados son Hermann Göring, Rudolf Hess e Adolf Eichmann. Rememórase os crueis acontecementos provocados polo Terceiro Reich, como o exterminio de millóns de persoas, polos campos de concentración, polos traballos forzados, pola inanición, polas cámaras de gas…

Este libro é moi recomendable e gustoume moito, paréceme imprescindible lelo para comprender unha parte da historia relativamente recente na nosa sociedade. Narra uns relatos arrepiantes sobre os sucesos ocurridos durante o conflito bélico, da Segunda Guerra Mundial. A destrución da condición humana, situacións na que as persoas eran capaces de humillar a outros ata tal extremo, como a torturar e planificar a súa morte e destrución lenta. Pero tamén, existían outras situación nas que te preguntas ata onde chega a infinita capacidade humana de resistir ou o que un é capaz de facer para sobrevivir.



O pacto do letargo de Miguelanxo Prado, recensión de Juan Vila Trinidad (1º Bach A)

Hoxe darei a miña opinión persoal sobre o libro de tipo cómic xunto cun resumo del para que outros poidan establecer unha visión propia da obra. Comezamos pois, cun resumo.

En primeiro lugar e antes de introducir os principais protagonistas da historia, preséntansenos un pai e os seus fillos escoitando estes últimos da man do primeiro unha historia sobre como os antigos druídas celtas trataban o bosque onde se atopaban, falando deste coma un lugar sagrado, onde máis tarde atopamos unha serie de criaturas máxicas espertando de estar soterradas en completo letargo durante centos de anos.

Tras isto, aparece na historia Artur, un estudante mozo que busca unha tarefa diferente á súa normalidade e nesta procura atopar os interesantes traballos do profesor Ancares Díaz, polos cales pregunta ao rexente do momento, o señor Figueira, sen moito éxito aparente pois este parece despreocupado pola busca de información. Así, Artur vai investigar só.

Mentres tanto, aparecen o Sr.Traba, un nobre que quere recuperar o poder dos da súa clase mediante pactos co demo, e presenciamos por fin unha escena na que aparecen os seres máxicos, un “demo” de nome Xamaín, un “puro” chamado Grian e unha fada que máis tarde aparecerá como Aurea. Estes discuten sobre un tríscele roubado por un humano que lles permitía atopar a todo o seu pobo durmido baixo terra, e Xamaín decide ir buscalo sen importar os custos, chegando a pensar na purga da humanidade, que segundo el, traizoaran a súa raza.

Artur consegue falar co profesor Ancares, o cal lle fala do tríscele e das súas investigacións, facendo que este se interese e vaia falar con Aurea, a cal lle conta sobre a historia dos máxicos e preséntalle un vello chamado Gabriel Mascato, que o acompañará na procura do tríscele, e xunto ao cal convence a outra rapaza de unirse á búsqueda, que segundo Gabriel podería ser unha mestiza, é dicir, froito da unión de razas primixenias e con poderes sobrenaturais.

Por outro lado, Xamaín, baixo a identidade do señor Pedrafita, busca o tríscele poñéndose en contacto co profesor Figueira e logo cun comerciante arqueolóxico (Sr.Bazán) o cal, en vista da seriedade e do perigo que suporía non darlle o que quere ao cliente, procúralle unha copia, pois o real atopábase en propiedade do Sr.Traba, grazas a que Figueiroa o roubara do despacho do profesor Ancares. En vista disto, Xamaín contrata uns matóns que rematan asasinando o replicador do obxecto e máis a Bazán e a súa secretaria, posto que este non conseguira o tríscele das mans do Sr.Traba.

A continuación, Artur, Lúa e Gabriel, tras confirmar as sospeitas de que foi Figueia quen roubou o tríscele, escoitan a chamada de Traba aos seres máxicos, a que responden Xamaín e Gabriel para acordar un encontro ao día seguinte co aristócrata.

Entón, reúnense todos o día seguinte e sucede unha confrontación polo artefacto entre Xamaín e Gabriel, que descobre ser Grian, a cal resolve Lúa coa axuda dos seus poderes de mestiza, deixando o demo encerrado e terminando co tríscele en mAns axeitadas e sen espertar algún das razas antigas, sen falar do arresto de Figueira por contrabando arqueolóxico

Persoalmente, pareceume unha gran historia, contada de forma entretida e fluída nun estilo poco usual que, sen dúbida, sorprende o lector. O feito de que sexa escrita en formato de cómic faina moito menos pesada como poden ser outras novelas, e achega unha gran calidade visual, posto que a historia, na miña opinión, está debuxada dunha forma ideal. Sobre o contido en cuestión, considéroo de gran interese e gustariame destacar a capacidade da obra de atraer o lector a certos temas polos que non podería ter moita preocupación anteriormente como poder ser a mitoloxía celta, a cal se ve reflectida de maneira excelente neste libro. Recomendaría este libro, por último, a aquel que queira pasar un bo anaco lendo sobre unha historia de carácter lexendario e que se entreteña cos contos de maxia.


Lenda dos ciclos da lúa, Lucía Pérez Roca (1º ESO A)

Hai moitos, moitos anos, o día antes de San Valentín, nun lugar chamado Gallaecia. Un rato chamado Zampón, que era moi lambón tiña moita fame, e xa rematara a súa reserva de comida.

Decidiu ir polo bosque en busca de alimento. Meteuse nunha cova na que había moitas castañas, non era o que máis lle gustaba, pero conformaríase porque non quería pasar máis fame. Colleu unhas poucas e meteunas nunha bolsa que levaba consigo, pero cando ía meter a última, un esquío apareceulle de súpeto e Zampón botou a correr. Tras un anaco sen conseguir nada de alimento decidiu voltar á casa.
Dende a fiestra observou a lúa e decidiu ir ao outeiro máis próximo para poder contemplala. Ao vela alí no alto tan fermosa, preguntouse:
- Quen me dese probar un anaquiño a ver se está boa!
O rato trouxo a escada máis alta que tiña e acadou subir pola árbore máis alta.
Ao chegar alí, ao último chanzo, observou toda a paisaxe, pois había unha vista fermosísima.
Tras un tempo, lembrou que tiña moita fame, entón conseguiu comer un anaco pequeno da lúa, e dixo:
- Que boa está!
Pero… xa estaba cheo e satisfeito e voltou a casa a durmir. Esa noite soñou con mudarse á lúa, pois era un lugar fermosísimo e cómodo. Cada noite comía un pouco máis de lúa, pero cando se decatou, xa non quedaba nada!
Pensou que o sol lle daría cada día unha pouca luz á lúa e que así, Zampón, a podería empregar para reconstruíla. Xa pola mañá, cando esperteu, o soño parecía converterse en realidade, e así se fixo. Cada vez que o rato acababa case a lúa por completo, o sol por un lado e o rato polo outro poñíanse mans á obra, e de novo lúa chea. Era coma un ciclo.
Logo duns anos, un astrólogo decatouse de que cando Zampón ía comendo a lúa, esta amosábase de varias maneiras diferentes, tendo así, as catro fases distintas lunares.


A cabeza da medusa de Marilar Aleixandre, recensión de Xoel Lago Hermida (1º Bach A)

Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Así comeza esta historia chea de traxedias e criticas sobre se unha muller violada debería denunciar ou non á violación. Este relato está baseado no mito da cabeza de medusa. O mito conta como violan unha muller e como, por ser violada, a castigan a ela e non ao violador. 

Este mito fala dunha muller mortal moi fermosa. Tanta era a súa beleza que Poseidon queda namorado dela e este non para ata finalmente violala no templo de Atenea. Cando Atenea se entera séntese moi ofendida e castiga a muller facendo que lle medren serpes en vez de cabelo e converténdoa así nun monstro. Fanse moitas referencias a este mito na historia e gústame moito como utiliza o mito para ensinar a inxustiza que hai fronte ás violacións. A autora penso que ten un punto de vista máis ben inclinado cara ao lado de facer a denuncia e queixarse sobre a violación.

Na miña opinión e, aínda que non me gustou moito a libro, paréceme un tema interesante e difícil de tratar como o tratou Marilar Aleixandre na historia que relatou. Gústame moito como apoia a historia con referencias ao mito da medusa porque fai que se entendan algunhas cousas moito mellor e axuda a poñerse na pel das nosas protagonistas.

A miña personaxe favorita sen dúbida ningunha é Jessica debido a que ela, a pesar dos abusos que sufriu, axuda a comprender mellor esa realidade a Sofía sen poñerse triste e superando esa experiencia bastante traumática. Paréceme un libro fácil de ler e adecuado para calquera idade. Recomendaríao sen dúbida aínda que eu non o volvería ler.

xoves, 3 de febreiro de 2022

A bruxa Maruxa, Lucía Pérez Roca, 1º ESO A

Érase unha vez, unha bruxa chamada Maruxa, que vivía nunha casa no medio do bosque. Con ela, vivían un rato chamado Risiñas e un sapo chamado Aposto. Maruxa quería ter unha relación, pero ninguén a quería. Así que, decidiu converter a Aposto nun magnífico príncipe. Mentres facía a apócema, viu como lle faltaba a flor rosa. 
 
Foi en vasoira, e ao imaxinarse ao príncipe, estampouse contra unha árbore. En fronte dela estaba a árbore da flor rosa, pero dentro había un ogro. Meteu o sapo, e colleu unha flor. Ao botarlla á apócema, o sapo converteuse en príncipe. Non era moi guapo, así que Risiñas púxose a rir. 
 
Finalmente, a bruxa Maruxa namorouse de Risiñas, converteuno en príncipe e casou con el. Botaron toda a vida xuntos, ata que outra bruxa os transformou en ratos, mais ningunha apócema podería cambiar a súa relación.

xoves, 27 de xaneiro de 2022

O sorriso da princesa, Daniela Hermo Picallo (1º ESO A)


 -De acordo miña filla- dixo o pai- este é o príncipe dunha aldea moi cercana. Chámase Berto.

-Ola princesa,- díxolle el. Ela respondeulle e o príncipe intentou facela rir, pero non tivo bo resultado.

Despois duns dez homes, sen éxito coma Berto, entrou unha muller habitante da vila disposta a facerla rir coma nunca, o pai non a deixaba, pero a princesa díxolle que si.

-Grazas, princesa, chámome Lia e veño facerte rir coma nunca antes.

-De nada Lia, e iso espero, podes empezar.

Lia empezou cuns chistes moi graciosos que facían sorrir a princesa, despois cunhas adiviñas graciosas e por último cunhas piruetas que aprendera nunha escola da vila.

E esta muller tivo éxito e fíxoa rir de novo coma nunca.

Pero o pai non cumpriu a súa promesa e non a deixou casar coa muller, pero a princesa quería casar con ela así que para conseguilo deixou de rir durante uns días máis, ata que o pai, canso, decidiu que podían casar e ser felices.

Así que riron como nunca antes riran e foron felices xuntas ata a morte.

RECEITAS DE COZINHA EM PORTUGUÊS

O alunado de 2º da ESO de Português desenhou estas cartolinas com receitas tradicionais aprendidas de mães e avós que vão estar expostas no ...