domingo, 8 de novembro de 2020

SAMAÍN: A casa misteriosa, Javier Lafuente Maceira (4º ESO A)

A familia Martínez levaba máis de 10 anos vivindo nunha mansión situada no medio do monte, e como todos os días, o pai, chamado Pedro, saíu cazar algo para comer, xa que non había ningún supermercado preto, e ese era o modo de subsistencia da familia. O que non sabía Pedro era o que ía ocorrer…

Pasadas unhas horas, percatouse de que non daba encontrado o camiño de volta a casa, a pesar de que levaba moito tempo facendo rutas por eses mesmos lugares; era como se lle borrasen a memoria. Debido a que o tempo pasaba e pasaba, fíxose de noite, e tivo que meterse nunha casa abandonada para protexerse do frío e do mal tempo. Unha vez alí, inspeccionou un pouco todas as estancias e atopou unha habitación completamente limpa e con cousas doutra persoa. Isto significaba que alguén máis habitaba esa casa, pero como non tiña outra opción, foi para unha habitación baleira, tapou a porta cun armario, e intentou pasar a noite.

Os minutos pasaban e pasaban, pero Pedro non era capaz de conciliar o sono por culpa duns ruídos procedentes do soto. Por medo, non saíu da habitación ata o día seguinte. Aparentemente, non había ninguén na casa, pero cando foi mirar a habitación que tiña cousas de persoa, encontrouse cunhas botas, un chuvasqueiro e un diario xusto na entrada, os cales non estaban a última vez que revisara ese lugar. Sen pensalo, Pedro colleu o diario e marchou desa casa, e tras máis de catro horas conseguiu atopar o camiño de regreso ao seu fogar.

Cando chegou, evidentemente, o primeiro que fixo foi falar coa súa familia e explicarlles todo o que acontecera. Unha vez aclarado todo este conflito, Pedro colleu o diario e abriuno, pero o que había na primeira páxina deixouno sen palabras. Textualmente, poñía “Axuda Pedro”. Ante isto, non soubo como reaccionar, e o primeiro que fixo foi preguntarse a si mesmo; quen escribiría iso?, como sabía o seu nome?, por que lle pediría axuda?

Nos días seguintes, Pedro non parou de pensar unha e outra vez no mesmo; debería volver a esa casa? Finalmente, a pesar da oposición da súa familia, decidiu voltar, para ver dunha vez por todas que estaba pasando.

Chegou sobre as seis e media da tarde, xusto cando empezaba a anoitecer. Entrou con moito coidado na casa e sen facer ruído avanzou polo corredor. Foi entón cando se fixou nun retrato colgado na parede que tamén poñía “Axuda Pedro”. Foi nese intre, cando parou e pensou en saír da casa e olvidarse de todo, pero a súa consciencia non llo permitía. Seguiu avanzando e comezou a baixar as escaleiras que daban ao soto do que saían os ruídos da noite anterior. Unha vez alí, a porta pechouse como se dunha película se tratase, e apareceu detrás del un home co mesmo chuvasqueiro e as mesmas botas que Pedro vira na habitación. Sen que puidese reaccionar, o home botóuselle enriba, e comezou a loitar contra el coma se o quixese matar. Por sorte uns gardas forestais pasaron preto da casa, e ao escoitar o ruído foron inmediatamente ver o que pasaba e conseguiron acabar co home do chuvasqueiro.

Despois disto, Pedro estivo moitos días sen falar, e non foi capaz nin de dicirlle á policía que acontecera. Intentou olvidar todo esta historia e non pensou nunca máis nesa persoa que lle pedira axuda… 


SAMAÍN: O misterio das desaparacións, Daniel Seara Cortés (4 ESO A)

Era un día chuvioso pola noite, nunha vila apartada da Coruña. Era unha vila moi tradicional, apenas usaban tecnoloxía, non tiñan aparellos modernos para poder comunicarse ou evitar perderse. Xose e o seu irmán quedaran en ir explorar un bosque desa vila onde estaba unha casa abandonada. 

Xose tiña un mapa da vila que lle dera o seu pai, con el podían atopar esa casa abandonada oculta entre frondosas e robustas árbores a pesar de que o seu pai lle advertira moitas veces que non se lle ocorrera ir alí xamais, xa que escoitara rumores de que desaparecera xente de forma misteriosa e que xamais foi atopada ata o momento. Xose, que tiña 16 anos, ignorou as palabras do seu pai. 

El e mais Pepe, o seu irmán menor, de 15 anos, decidiron ir investigala igualmente. Levaron unha bolsa cunha lanterna, un mapa e outros obxectos de exploración, ademais de comida e bebida. Esperaron a que fose de noite e deixara de chover para poder saír da casa. Os seus pais estaban durmindo e non se percataron da súa ausencia. Non se vía nada, a escuridade era absoluta, así que tiveron que guiarse polos pequenos camiños de pedra coa tenue luz da lúa e a iluminación das súas lanternas. 

Ao cabo dun anaco puideron observar unha pequena estrutura que semellaba ser moi antiga e estar mal coidada, era a casa abandonada. Pepe mirou con máis detalle a casa, era moi arrepiante. O pequeno xardín que tiña na entrada traseira estaba cheo de lápidas sen nome. Fixouse nas ventás da parte superior e pareceulle ver a alguén, asomado, observándoo. Entroulle moito medo, así que decidiu volver con Xose, que se encontraba na parte dianteira da casa tratando de abrir a porta que estaba en moi mal estado. Pediulle marchar, insistindo en que non era boa idea permanecer alí, que era mellor ir cando estivese máis iluminado. Xose estivo a piques de aceptar a súa oferta pero, repentinamente, comezou a chover a cántaros. Non trouxeran nada para protexerse da choiva. A Xose ocorréuselle meterse na casa abandonada ata que parase de chover. Pepe non estaba moi conforme coa idea pero era a mellor opción nesas circunstancias. 

No interior da casa apreciábanse unha serie de retratos de moitas persoas, e debaixo deses cadros tiñan, todos eles, un letreiriño coa data na que foron feitas, que roldaba entre os séculos XII e XIII, dependendo dos retratos. A simple vista todo parecía normal ata que… Xose fixouse nunhas pegadas molladas no chan que se dirixían á cociña. Alguén estaba vivindo alí! De súpeto, escoitaron un ruído moi forte na cociña, semellaba ser dun coitelo. A lanterna quedara sen batería cando entraran na casa, así que non puideron apreciar o rostro da persoa que estaba alí. Inmediatamente pecharon a porta da cociña para gañar algo de tempo, pero estaba moi vella e fráxil e non parecía que fose aguantar moito se alguén tentaba abrila. Pensaron en saír fuxindo da casa pero quedaron paralizados do medo cando viron outro escuro rostro, mirándoos fixamente e deixando cheo de sangue o cristal da ventá ao tocalo coas súas mans. 

Estaban desconcertados, non lles saía a voz nin as súas pernas respondían polo terror que estaban a sentir. O ser que se encontraba na cociña conseguiu rompela, e cando nada podía ir a peor, escoitouse… - Xose, son o teu pai, non te preocupes, todo foi una broma. Feliz Samain! Pepe seguía petrificado polo medo, pero foi calmándose ao entender o que ocorrera. O seu pai, contáralles uns rumores falsos acerca da casa abandonada para intrigalos e así poder asustalos e darlles unha lección. 

Volveron os tres tranquilos á casa, rindo, sen intencións de volver facer das súas. Xose preguntoulle a seu pai quen fora o que os mirara dende as xanelas coas mans cheas de sangue. O seu pai non entendía o que lle preguntaba porque aquela noite el viñera só…

SAMAÍN: Os susurros do bosque, Martín Roca Seoane (1º ESO A)

Había unha vez nunha carballeira no medio do monte un leñador solteiro duns 50 anos de idade. Levaba moito tempo só xa que ó seu arredor unicamente estaba a súa vella casa de madeira e os seus polos.

Non se sabe moi ben como era a rutina deste home, pero había información de que estaba moi triste.

Un día, 30 de outubro, saíu dunha vez por todas en busca de novas vistas, o negativo foi que de tanto percorrer o monte fíxoselle de noite e non sabía volver á casa, estaba perdido.

Empezou a camiñar nunha dirección, por se tiña sorte, e, de súpeto, escoitou uns pasos, notou algo no pescozo e só puido berrar...

Un grupo de mozos que ían camiño dunha festa, escoitaron os berros. Nese intre decidiron que tiñan que investigar.

Botaron horas buscando pistas coas súas lanternas, pero pensaron que non ía ser nada, nese intre tamén escoitaron pasos, botaron a correr e un deles tropezou con algo no chan, entón pararon, ademais co medo non se decataron de que os pasos xa non se oían.  O mozo ergueuse e apuntou coa lanterna ao chan onde viron unha macheta cravada na terra, eles non lle deron valor (pero quen estea lendo ou escoitando isto se cadra si...).

Xa que tiñan medo, aproveitaron para coller a macheta para defenderse, mais cando a arrincaron da terra houbo un estoupido ás súas costas, entón xiráronse e non se soubo máis deles...


SAMAÍN: A familia Rodríguez, Lucía Suárez Ramos (4º ESO A)

Este relato aconteceu hai moito tempo nunha aldea illada. Alí coñecíanse todos. 

Esta é a historia dunha das familias que vivían alí, a familia Rodríguez, formada por dous nenos de 11 e 13 anos, e os seus pais. Eles sempre tiveran moi bo trato con Loli, unha vella señora que vivía soa había moito. 

Certo día comezaron a suceder cousas moi estrañas na casa da familia. Pola noite, no cuarto dos nenos oíase unha terceira respiración, non sabían de onde viña. 

Durante o día, cando estaban todos no comedor ou na sala de estar, escoitábanse pasos no piso de enriba, pero nunca atopaban nada. 

As cousas comezaron a empeorar cando a familia espertaba con cortes nos brazos ou na cara, excepto o pai, el nunca tiña ningunha ferida. Ata que un día, pola mañá, o fillo menor apareceu morto. 

A señora Loli e todos os veciños axudábanlles en todo o que podían. 

Cando pensaban que a situación non podía ir a peor, o segundo fillo quedou tamén sen vida. E en cuestión de semanas soamente quedaba o pai. 

Uns días máis tarde, a señora Loli chamou á porta, e o pai como de costume recibiuna encantado. Sentíase bastante só e agradecía algo de compañía. 

 Sentados no comedor, viu que a anciá acercaba a man cara a el, dunha maneira estraña. Ela comezou a rir, e díxolle que o quería só para ela. Totalmente ida acercouse á súa orella e díxolle que ninguén se interpoñería entre eles dous, e que ela aseguraríase de que fose así...

SAMAÍN: Por que non me podo levantar? Pablo Cagiao Díaz (4º ESO A)

- Por que non me podo levantar? 

- Está todo moi escuro e teño un frio criminal.

- Será un soño? 

- Non sexas pasmón.. nos soños non se pasa frío. 

- Tes razón… con todo, ti quen es?

- Quen cres que son?

 - Pola voz consumidor habitual de Marlboro. 

- Moi subidito andas ti para estar amarrado. 

Mais o individuo tiña razón acabábame de confirmar as miñas suposicións pero precisaba máis información. 

- E ti moi sobrado andas para non ter nin calefacción.

 - (Agora veremos se me quere ter vivo ou acabo de fodela.) 

- Está ben que rías… É do pouco que che queda, vas recibir goma. 

- …

- (Quizais non estou nunha situación para facer chistes.) 

Todo continou con normalidade os seguintes días, este ser tratabame extremadamente ben para ser un psicópata que me tiña encerrado no seu soto, o que me facía pensar o motivo polo cal me tiña alí. No tempo que levaba amarrado no soto deste psicópata só vin unha xanela que por algunha estraña razón  se me facía moi familiar. O único estraño é que por algunha razón se facía de noite demasiado rápido. 

- Toma tróuxenche a cea, saco de esterco. 

- Grazas… 

- Come todo. 

Este día non tiña fame, pero fíxoseme moi raro que levara tantos días traendo comida e que nin me torturara nin me fixera nada polo cal queríame ter vivo e ben así que supuxen que pediría unha cantidade de cartos por min. 

- ( Por que teño tanto sono? ) 

- Parece que a túa noxenta familia xa ten os cartos para pagar o teu rescate, polo cal vamos facer o intercambio, seguramente non entendas nada debido a que botei un poco de Rohipnol na cea para facilitar todo, tendo en conta que a única droga que consumiches na túa vida foi marihuana, estarás aturdido toda a tarde. 

- Iso é o último que recordo do meu secuestrador. Polo que me contou a miña familia e a policía secuestroume un toxicómano para comprar droga, pero eu creo que é alguén que tiña unhas intencións determinadas e non era a primeira vez que o facía. 

Miña nai non me quixo dicir como nin onde me atoparon. 

E agora estou aquí contigo debido a que miña nai cre que estou tolo. 

- Tranquilo, cativo, pódoche axudar coa túa adiccion ao THC e cos teus traumas. 

- Cala, saco de esterco.

 Microrrelato 

Xa rematou Samaín, pero o corpo segue colgado da árbore...

As tatuaxes á hora de atopar emprego, Nicole Berti Seijas (1º Bacharelato B)

Hoxe en día, ter tatuaxes para atopar un emprego pode ser un problema segundo o que queiras traballar. 

Dende o meu punto de vista, ter tatuaxes á hora de atopar un traballo non debería ser un problema xa que, ninguén debería ter prexuízos cara ti só por ter “debuxos“ no corpo; e tamén porque pode provocar que ás empresas perdan talento. 

O feito de ter gravados na pel, de ningunha maneira pode afectar á aparenza dunha persoa no laboral, aínda que algunhas extravagancias poden cerrarlle á porta a calquera. Por outra banda, dado que cada vez máis xente leva este tipo de adornos corporais en maior cantidade, pois é probable que cada vez se sexa máis permisivo á hora de permitilos en calquera tipo de traballo. Aínda que de momento isto non ten sucedido, diferentes tipos de emprego como o son un banco, o sector sanitario, a aviación e os bufetes de avogados. 

Para rematar, penso que isto non debería de afectar a ninguén á hora de atopar traballo e é posible que co tempo non siga sendo así, polo de agora segue a haber algúns prexuízos.

O aborto e relacións entre os adolescentes ou como se mostran nas redes sociais, Uxía Mosconi Lew (1º Bacharelato C)

Este é un texto argumentativo no que quero falar do aborto, e tamén abarcar o tema das relacións tanto amorosas como sexuais nas curtas idades que se acostuman a ter agora. 

Comezo por non culpar a miña xeración, máis ben debemos tentar cambiar a forma na que nos ensinaron as anteriores. Cada un terá uns ideais, dependendo da maneira na que nos criasen. 

Hoxe en día destaca ante a cámara o tipo de pel impoluta, o corpo desenvolto e a vida perfecta que amosas ter, xa que, detrás dela contamos con humanos e todos temos problemas privados, alleos ao mundo social. Tal e como explica nunha conferencia a psicóloga Marian Xosé, as redes sociais pódense chegar a converter nunha "droga" para os principiantes que teñen grandes aspiracións nestas plataformas. Porén, cada vez, son máis os que queren adicarse a este mundo nun futuro. A vida só é unha e cada un está aquí por casualidade, endexamais ninguén imaxinaría estar onde está, rodeado de persoas da mesma especie, coas que te podes comunicar e expresar fronte a fronte, o bonito da vida é desfrutala, gardar recordos na memoria e algunha que outra foto para o almacenamento propio. Segundo isto, canto máis temos, menos o valoramos; coa chegada desta pandemia fomos capaces de recapacitar e decatarnos do imprescindible para ser felices. 

Eu persoalmente recapacitei sobre a miña familia e o tempo que debería dedicarlles, como me comportaba con ela, dando por feito que sempre están, sen apreciar as pequenas cousas do día a día, e sobre todo, sen apreciarme a min mesma. Aceptarme un pouquiño máis, tal e como son, axudoume a desenvolver a miña expresión en público, antes introvertida e asustadiza e agora, entusiasmada por coñecer ideas e pensamentos novos, tratando de comprender a todo o mundo e ver onde podo encaixar. O mesmo problema de autoestima que tiven eu, teno a maior parte da poboación, causado en parte pola exposición divina do suposto canon perfecto de beleza. E por isto non digo quitar as redes sociais, senón inculcar a autenticidade e a diversidade física, cultural e a liberdade de expresión. 

En relación ó tema da sociedade actual na que nos desenvolvemos, a cantidade de leas, ben sexa numerosa ou escasa, define inxustamente a unha persoa, emprego o termo definir polo simple feito de que xulgan a muller principalmente por un acto no que participan dúas persoas (nunha parella heterosexual que uso como exemplo). Xa de moi ceda idade contamos con charlas, dadas pola propia matrona do centro de saúde, nos insitutos para advertirnos e aconsellarnos, e así concienciar, dos riscos que ten practicar relacións sexuais sen métodos anticonceptivos, aos que temos fácil acceso, que á vez evitan infeccións por transmisión sexual, provocadas pola aparición dos "líos" dunha noite sen coñecer a persoa. 

Desgrazadamente hai unha parte que relaciona o termo aborto con método anticonceptivo. No momento no que se intenta legalizar o aborto en ningún momento foi para este fin, máis ben é para non forzar a cambiar drasticamente a vida de mozas que sufriron agresións ou violación rematadas na concepción dunha criatura. Eu persoalmente estou a favor do aborto, xa que creo que as mulleres que recorren a este tipo de interrupción do embarazo non é porque queiran, senón por non poder chegar a coidalo por dificultades psíquicas (suposto terapéutico), falando de traumas en rapazas por x tipo de experiencia forzada (suposto criminolóxico), ou por malformacións no feto(suposto euxenésico). 

É un proceso regulado pola lei dende o século pasado. Está legalizado sempre e cando sexa dentro das 12 semanas do embarazo. Non é un proceso para nada fácil nin agradábel, algúns considérano como unha matanza, pero nin o bebé nin a nai (que se atope nalgún destes tres supostos) teñen a culpa. Non calquera pode acceder, polo que repito, son casos excepcionais.

RECEITAS DE COZINHA EM PORTUGUÊS

O alunado de 2º da ESO de Português desenhou estas cartolinas com receitas tradicionais aprendidas de mães e avós que vão estar expostas no ...