Hai
unhas semanas mercamos unha casa nova e fomos vela o sábado desa
mEsma semana. Estaba a unhas tres horas do noso fogar.
Cando
chegamos vimos que non había ninguna sinaL de vida e que estabamos
rodeados de árbores.
Na
entrada da finca poñía: “Rúa da horta”.
Cando
xa nos instalamos era de noite e fun ao meu cuarto coa miña irmá.
Enrima
da cama había un armario tipo ponte, polo tanto ao deitarse víase a
parte de abaixo do estante.
Durmímonos
e, ao día seguinte, espertamos, o primeiro que vimos foi o
armario todo ensanguentado cunha frase que dicía: “Unha gota
máis”.
Coa
desfeita que se armou non nos decatamos, ata que estivemos cos nosos
paIs, de que os catro tiñamos unha ferida aberta no antebrazo.
Chamamos a policía pero non había cobertura. Collemos o coche pero, co
medo, perdémonos. Puxemos o GPS. Este levounos outra vez á finca,
alguén o hackeara!
Saímos
do coche.
Esta
vez había unha muller no centro da finca. Esta estaba despeiteada,
como se non tivera fogar.
Pensamos.
Como pasou a reixa? Como enganou as cámaras?
Esta
muller veu xunta nós á velocidade da luz. Colleu o letreiro da “Rúa
da horta” e quitoulle unha especie de pegatina, esta pegatina
ocultaba unha parte, en realidade dicía “Rúa morta”.
Estabamos
confundidos. A muller dixo:
--Dende
que alguén merca esta casa nunca estará a salvo, senón todo o
contrario. Esta casa era miña pero un mal día veu unha persoa... non
se quen foi, o que sei é que cambiou todo. Non podo vivir sen matar...e
sen vivir nunca estarei libre. Así que…
Nun
parpadeo de ollos a muller encontrábase a un milímetro de nós.
Empezamos
a correr pero, uns minutos despois atrapounos.
E
aquí estou... meus pais xa están mortos e quen sabe cando me tocará
a min. Se alguén encontra isto que teña coidado porque seguro que o estará vixiando…
Carla
García Soto 1º ESO C
Ningún comentario:
Publicar un comentario