UNHA SIMPLE NOITE
Alma Qing Ramas Corrales (2º B)
Alma Qing Ramas Corrales (2º B)
-Estou
tranquilamente vendo a televisión soa. E preguntarédesvos varias
cousas: ‘’Quen es?’’ ou ‘’Por que estás soa?’; etc...
Ben, eu chámome Cristina, teño 10 anos e vivo na Coruña. Eu estou
soa porque os meus pais saíron cear, xa que hoxe é o Día do
Samaín, tamén coñecido como Halloween, en inglés. Tamén
estaredes pensando: ‘’Por que non estás na rúa co teu disfraz e
cos teus amigos?’’ Para que o saibades, eu non teño amigos
porque pensan que estou louca, tan só porque me gustan as cousas
‘’creepys’’; e non levo disfraz porque non sabía que
poñerme... Aínda que me gusta estar soa porque podo facer o que
queira!
De
repente, escóitase un ruído no corredor.
-Eh?
Que será iso? Meh, non me preocupa.
A
nena volveu mirar o televisor, pero este apagouse.
-Vale...
Isto non me gusta nada, nada...
Ela
colleu o mando do televisor e intentou encendela, mais non o
conseguiu.
-Vale...
Mellor vou á cociña comer algo...
Ela
levantouse, algo nerviosa pero sen medo, dirixíndose á cociña ata
que quedou inmóbil no corredor.
-Eh?!
Por que?... Non podo... moverme?!
Cristina
moveuse moitas veces, intentando soltarse do que parecía ser un
agarre invisible.
-Agh!
Non podo soltarme! Que pasa?!
De
súpeto, as luces da súa casa apagáronse e o lugar cubriuse dunha
aura vermella e tenebrosa.
-Eh...
Ok.... Isto non se ve todos os días e...
Foi
interrompida por outro ruído, producido polo chan. Del elevábase
unha gran táboa de madeira, onde se situaba o corpo dunha nena de
cabelos rizos e castaños. Non podería ser máis que Verónica, unha
compañeira da súa clase.
-V-Verónica?!
Por que pareces... Estar morta...? –preguntoulle a moza de cabelo
roxo.
A
outra non respondeu. Quedou alí, aínda que non só estaba naquela
táboa, senón que os seus brazos, pernas e peito estaban cravados
cunha astilla, dato que viu Cristina segundos despois.
-Meu
deus! Que é iso?! –horrorizouse.
O
seu corpo, o da protagonista, comezou a moverse involuntariamente,
indo ata a cociña para coller un coitelo afiado. Regresou a onde
estaba Verónica e comezou a apuñalala. Ao principio horrorizábase
e botou a chorar, pero pouco a pouco ela facíao por vontade propia.
Unha e outra, e outra, e outra vez...
-E
agora que.....? Xa sei!
Ela
comezou a dicir palabras malditas, palabras inomeables e os seus
ollos tornáronse dun vermello forte.
-Jajajaja!!!-ri
malvadamente.
Ao
facer iso, escoitou un ruído, esta vez proveniente da porta. Ela
volveu ao seu estado inicial e, sen saber nada, quedou paralizada.
Invocou o demo... Só ela o podía ver... O demo achegouse a ela
e....
-Aaaaahhh!!!
Todo... Todo foi só un soño.... Cristina observou o seu redor. Todo estaba igual, je... E, antes de que volvera durmir, mirou de reollo a súa man, que tiña un símbolo estraño.
-Que é ist----?!
Todo
volveu estar en negro....
FIN
ou
tal vez non....
Ningún comentario:
Publicar un comentario