O
galego e o portugués, dous idiomas moi parecidos pero tratados dunha
forma moi diferente. Ao meu parecer, e despois de visitar bastantes
veces o país veciño, neste caso Portugal, os galegos temos a
grandísima posibilidade de ser trilingües. Deberiamos aproveitar
a oportunidade da que dispoñemos, baseándonos sobre todo nas
similitudes entre as dúas linguas.
Aspectos
como a educación galega, deberían ter máis en conta a opción de ofrecer o portugués como unha materia obrigatoria ou polo menos
optativa, nos colexios e institutos galegos. Neste momento, moitos de
nós estamos perdendo a oportunidade de aprender un novo idioma co
que non só poderiamos comunicarnos en Portugal, senón tamén
noutros lugares como Brasil ou diversos países do continente
africano. A diferenza doutros idiomas a estudar como segunda lingua
estranxeira, como o francés, o portugués resultaría moito máis
fácil e comprensible para os galegos. Todo é visitar un país como
Portugal e comprobar por ti mesmo a facilidade de comprensión e
comunicación. A proximidade lingüística debe ser aproveitada.
Excluíndo
o chinés e despois do inglés e o español atópase o portugués, polo
tanto non ten moito sentido que, e falando dende a experiencia, en
institutos como o meu, só teñamos a opción de estudar francés
como a nosa segunda lingua estranxeira. Sabendo portugués poderiamos
comunicarnos con máis de 200 millóns de persoas. Feitos coma este
non deberían ser ignorados, senón acentuar máis aínda as vantaxes
das que dispoñemos para aprender este idioma e gozar da nosa
cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario