venres, 1 de maio de 2020

OFICIOS TRADICIONAIS: CANTEIROS, ALFAREIROS E REDEIRAS, Antía Fernández (1º ESO A)

Ao longo da historia, houbo moitos oficios tradicionais, algúns xa non teñen apenas presenza hoxe en día, pero outros aínda perduran. Eu vou destacar tres deles. 

Os canteiros: eran e aínda son, artesáns que extraían a pedra da canteiras, e labrábana facendo dende bloques para edificios ata cruceiros, adornos arquitectónicos, estatuas, etc... Trátase de homes con moito prestixio social e que gañaban moito diñeiro. 

Os instrumentos utilizados ían dende compases e escuadras a cuñas, mazos, picos, martelos, serras tronzadoras, cinceis, cepillos, etc... 

Os alfareiros: as súas orixes son moi antigas, adicábanse nos seus talleres, a moldear o barro e arxila para facer cerámica, tanto de diario como poden ser olas, pratos, cuncas, xerras, etc... ata cousas máis decorativas coma xarróns, bandexas decorativas, figuras, etc... En ocasións tamén facían ladrillos, tellas, cañarías e moldes para sacar copias exactas doutras cousas. 

Maiormente era un oficio de homes, pero tamén habían algunhas mulleres que se adicaban a isto. Estaban ben vistos socialmente e gañaban bastante diñeiro xa que sempre tiñan traballo. 

Os instrumentos utilizados eran e son o torno e a roda, arame ou sedal para cortar o barro, fornos para cocer as pezas, esponxas para mollar e para decorar pinceis, etc... 

As redeiras: tamén é un oficio bastante antigo que perdura hoxe en día, xa que é fundamental para tecer e reparar as redes dos mariñeiros. 

É un oficio feito maiormente por mulleres, antes facíano nos portos á intemperie, pero hoxe en día teñen locais nos portos para poder traballar mellor e non pasar frío. A pesar de ser un oficio moi necesario, e que requiría unha alta cualificación antes non tiña ningún prestixio social e gañaban moi pouco diñeiro. Os instrumento utilizados eran e son navalla, martelo, agulla ou lanzadeira, fío, flotadores e chumbos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO