venres, 1 de maio de 2020

O pasado común que nos mantén xuntos, Uxía Mosconi Lew (4º ESO A)


Os galegos temos sorte de ter a opción de ser trilingües, xa que o galego e o portugués son dúas linguas cunha orixe común, polo que se aprendes unha, a outra será pan comido, á parte do castelán e o resto de linguas que damos nas clases.

Ambas as dúas proveñen do latín, e contan cunha tradición literaria proveniente da antiga Gallaecia romana, na que se falaba o galego-portugués (tamén chamado portugués antigo). Por iso o vocabulario é case o mesmo e podemos chegar a comunicarnos con arredor de 200 millóns de persoas que hoxe en día teñen o portugués como lingua oficial (por exemplo en Cabo Verde, Guinea-Bissau, Angola,Brasil...). É máis sinxelo ir a Portugal falando galego ca castelán, a parte de entenderte mellor, poderás compartir a cultura e a fonética.

A partir do século XII, Portugal queda independizado polo que Galicia queda sometida á coroa de Castela, isto fai que existan algunhas variacións na unidade lingüística galega, e unha separación do idioma con respecto ao norte (galego) e sur (portugués).

O galego non ten tanto recoñecemento coma o seu irmán; o que ten, custoulle o seu conseguilo. Son dúas linguas case iguais pero á vez cunha perspectiva moi diferente. As veces a xente emprega o galego dunha maneira despectiva e por esa visión custa aínda máis saír adiante.

Penso que son dúas linguas xemelgas e a pesar dos moitos inconvenientes van seguir sendo irmás, teñen moítisimas cousas en común que nos permiten desfrutar de festas populares, tradicións, unha boa comunicación entre cidades que están preto, e outras que non tanto. Deberíase aproveitar esta oportunidade que temos de aprender algo novo dunha maneira moi sinxela e sacarlle partido, ben para o noso futuro e á vez para o da comunidade. Nas escolas temos a sorte de contar con profesorado galego falante que tamén fala portugués e relaciónanos os dous idiomas na clase; na literatura contamos cunha ampla diversidade de obras para ler con autores tanto galegos como portugueses ...



Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO