venres, 1 de maio de 2020

O galego temos a vantaxe da lusofonía, Sara García Álvarez (4º ESO A)


Ao redor de todo o mundo os países están limitados por outros países e comunidades veciños, e estes por outros e así sucesivamente. Isto provoca que os territorios colindantes intercambien costumes, gastronomía e tamén a linguaxe.

O caso do que falarei neste artículo é de Galicia e Portugal. Estes dous territorios están unidos, e comparten linguas moi parecidas, xa que foron a mesma durante moito tempo.

Isto é unha moi grande oportunidade dos galegos para dominar o portugués, e así ser trilingües. Pero ademais esta vantaxe permite á nosa comunidade galega poder comunicarse cun país enteiro (ou incluso máis, xa que non só se fala en Portugal) que fala unha lingua distinta ao castelán sen ter estudado nin o mínimo sobre el; o que tamén nos permite poder viaxar a algúns países do mundo e poder ter a vantaxe de comunicarnos con suma facilidade.

Penso que en todos os casos de territorios colindantes, debería haber a posibildade nos colexios de poder escoller o idioma correspondente como unha materia e abrirlles así as portas á xuventude dos colexios e institutos a coñecer mundo sen ter que ir co tradutor de Google na man.

A miña familiaridade co portugués é mínima, bueno, todo o ‘mínima’ que pode ser sendo galega, pero é certo que na miña familia ninguén ten a capacidade de falar este idioma, e que a única vez que fun a Portugal foi cando era tan pequena que nin me lembro, pero espero poder ter a oportunidade de ir máis adiante.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO