venres, 1 de maio de 2020

O portugués é unha lingua moi bonita, Noor Medina García (4º ESO A)


O portugués é unha lingua romance pertencente á Idade Media, que se estendeuse polo mundo nos séculos XV e XVI. Conta con máis de 200 millóns de falantes e tamén é lingua oficial en varios países, como Angola, Brasil ou Portugal, por exemplo. 

A súa orixe remóntase ao século IX,cando no territorio da antiga Gallaecia (que agora é Galicia e o norte de Portugal) naceu o galego-portugués, que ademais influíu moito na literatura do momento. Portugal converteuse en reino independente no século XII e comezou a separación entre o galego e o portugués. 

Aínda así, estas dúas linguas son moi similares, o cal beneficia moito aos galegos, posto que poderíamos viaxar a moitos lugares do mundo e comunicarnos con outras persoas con máis facilidade. Isto significa poder ter maiores posibilidades no estranxeiro e a min paréceme moi curioso e bonito. 

En conclusión, entender a historia e darse conta do que supón poder falar galego paréceme xenial porque os galegos podemos ter esa sorte. Tamén dicir que as diferenzas que poden aprezarse no portugués son moi características e na miña opinión é unha lingua moi bonita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO