domingo, 22 de maio de 2022

A filla do Minotauro de Marilar Aleixandre, recensión de Aldara Pérez Cifuentes (1º Bach A)

A filla do Minotauro é unha nova versión da mitoloxía clásica dende unha perspectiva contemporánea. A novela está ambientada nunha Illa italiana, Siracusa, rematando a segunda Guerra Mundial. 

Conta a historia dunha nena chamada Miranda e de como a nena se ve involucrada nunha organización clandestina dedicada a salvar obras de arte e patrimonio histórico. Neses tempos, en Italia, a mafia contaba con ladróns de obras de arte, que despois vendían por moito diñeiro, moita xente estaba en contra xa que eran obras de patrimonio histórico, pero contra a mafia non podían facer nada ou acabarían mortos. Para iso xente da illa creou unha organización clandestina cuxo obxectivo era salvar esas obras de ser roubadas. Miranda entra nesta organización grazas a Antelmo, co que compartirá moitas aventuras, Miranda terá que aprender de arqueoloxía e arte axudando no museo, máis tarde terá que acompañar a Antelmo nunha viaxe pola illa para poder pór a salvo uns manuscritos matemáticos de Arquímedes. Nesa viaxe son perseguidos e viven aventuras xuntos, tamén teñen a súa historia de amor.
 
Ao longo da historia vanse contando outras pequenas historias, mitos ou lendas mitolóxicas, por exemplo a do Minotauro, resulta que o avó de Miranda é Minos, pai do Minotauro, que decidiu encerralo nun labirinto para que outro fillo herdase o trono. Ao final conseguen salvar os manuscritos, con axuda doutros personaxes, e tanto Antelmo coma Miranda e os pais dela quedan en Siracusa para continuar a loita contra a mafia. 

O libro gustoume moito, ten moitas aventuras nas que se relatan cousas interesantes, tamén ten amor e lendas mitolóxicas. Iso foi algo que me gustou particularmente, as lendas de mitoloxía clásica polo medio parecéronme moi interesantes e sinxelas de ler, o libro en si foi sinxelo de ler. Non é moi longo, é entretido, as lendas danlle moito interese e podes aprender cousas, tanto de cultura, como personaxes importantes, matemáticos por exemplo, como entender que somos o noso patrimonio e as historias e aventuras que moitos e moitas viviron por e para nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.