venres, 6 de maio de 2022

AUTOPOÉTICA DE NOOR MEDINA (2º Bach A)

A partir da Autopoética de Ronseltz 

Vai un vangardista e dille a unha cantante de ópera: cántame esta bonita revolución. 

Vai un poeta moderador e dille ao cobrador da luz: non cobres a miña lámpada que brilla sen luz. 

Vai unha lavandeira e dille a un túmulo: onde está a túa roupa negra? 

Vai un ce con cedilla e dille a unha tónica: ponme música. 

Vai un solpor e dille a un rapaz feo: saca un sorriso que mañá estarás máis guapo. 

Vai unha patria pequena e dille a un porteiro de discoteca: leva unha mensaxe para quen a entenda. 

Vai o mariscal Pétain e dille a un porteiro de discoteca: deixaches pasar a musa? 

Vai un leixaprén e queda colgado nunha sala X: agora non quere saír de aí. 

Vai a alborada de Veiga e faise de noite, e entón dille ao cristián de base: atopamos refuixio na fe. 

Vai a néboa dun verso, saise do poema e acata a Constitución: saíu da liberdade. 

Vai unha musa e dille ao porteiro da discoteca de antes: onde está o mariscal Pétain? 

Vai unha obra Hermética e dille a unha Asociación de Pais: o sincretismo dos nenos xrode da pureza das súas ideas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.