Grazas ao éxito que tivo este cómic decidiuse realizar unha adaptación cinematográfica que alterou minimamente o contido do libro pero que buscou darlle un toque máis cómico que no libro, o cal conta de maneira tráxica e sentimental a loita contra a vellez. O autor do libro baseouse en experiencias de persoas cercanas a el con demencias ou alzheimer entre outras, estudando e investigando por un ano o seu comportamento e visitando residencias para entender os sentimentos e pensamentos dos que foron afectados pola vellez.
Esta novela foi primeiramente publicada en 2007, conta cun total de 108 páxinas e a historia ten lugar nunha residencia de anciáns. O tema do libro podería ser a vellez e o argumento a loita contra a vellez e os problemas que acarrexa.
O protagonista desta obra é Emilio, un antigo executivo bancario que mostra un alzheimer nunha fase non moi avanzada. Este xa ten dificultades á hora de lembrar quen é o seu fillo e dá claras mostras de demencia. O seu fillo non pode aturar máis esta situación e decide trasladalo a unha residencia de anciáns para que lle presten especial atención e o poidan coidar. O seu compañeiro de habitación é Miguel, un home que aínda conserva as súas capacidades cognitivas nunuha calidade razoablemente boa.
Miguel é o claro exemplo de avaricia e codicia xa que se aprecia ao longo da historia como se aproveita dos problemas e das demencias dos anciáns para roubarlles o diñeiro con mentiras e enganos. Na residencia tamén establece unha amizade con Antonia, unha muller que está impulsivamente gardando comida para darlla ao seu fillo cando vaia visitala, probablemente isto debérase a unha mala situación económica na que se encontrou nun pasado de guerras e fame, brindándolle traumas co alimento.
Tamén coñece unha parella de namorados chamados Dolores e Modesto, Dolores non amosa ningunha demencia pero encóntrase na residencia para facerlle compaña a Modesto, un home cun alzheimer en fase terminal, o cal non sabe facer nada e só responde cun sorriso cando Dolores lle chama trampón, lembrando unha experiencia de namorados do pasado. Ao longo da novela apréciase o avanze do alzheimer de Emilio e a loita deste para non ser levado ao segundo piso da residencia, onde se encontran as persoas que non se poden valer por si mesmas.
Miguel comeza a amosar o seu verdadeiro rostro, o dun home sentimental e bo e trata de axudar a Emilio, o seu único amigo, a evitar que sexa levado ao segundo piso. Ao longo do cómic danse lugar moitas situacións cómicas que alixeiran a amargura da historia, como o xogo de pasar a pelota entre un cego, un xordo e unha muller durmida. Tamén se pode ver a busca de liberdade por parte do protagonista, que se sente engaiolado como nun cárcere. Emilio e Antonia, con axuda dun contacto de Miguel, deciden fuxir da residencia nun descapotable que achega o contacto de Miguel. Todo vai ben ata que Emilio, o único con carnet de conducir, comeza a olvidar como manexar o coche polo alzheimer e provocan un accidente no que lle rompe unha man a Antonia. O desenlace desta historia é moi tráxico, pódese ver como Emilio xa non pode diferenciar os rostros das persoas nin lembra o que é unha chaqueta. Como resultado é levado ao segundo piso da residencia, dándonos a entender que o seu alzheimer chegou a unha fase crítica e xa non pode valerse por si mesmo. Porén, non todo é negativo, ao final da novela móstrase un Miguel completamente reformado que accede a vivir na segunda planta, rodeado de persoas con demencias moi fortes para poder facerlle compaña ao seu amigo Emilio, ademais deixa de roubar diñeiro e comeza a axudar a todas as persoas da residencia, chegando a regalarlle un can a un home deprimido que perdera un hai pouco.
Persoalmente gustoume moito este libro polos contrastes entre o cómico e a dureza da vellez e penso que aínda que trate do alzheimer e a demencia pode chegar a interesar a calquera tipo de público xa que nos axuda a entender como se senten as persoas cando son levadas ás residencias. Ademais, é un libro relativamente curto e enténdese moi ben a mensaxe que quere transmitir coa axuda das expresións e os rostros dos personaxes nas viñetas. Polo tanto recomendaría este libro a todos os que lles guste o estilo de cómic e busquen unha novela narrativa coa que pasar o tempo e aprender acerca destas enfermidades que están moi presentes nos vellos pero que non teñen ningunha cura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario