domingo, 22 de maio de 2022

A ira dos mansos de Manuel Esteban, recensión de Juan Pérez Rodríguez-Moret

A ira dos Mansos é unha novela pertencente a Manuel Esteban. Na historia nárrase como unha nena chamada Violeta, que tiña o síndrome de Down, foi asasinada ao lado dun edificio na cidade de Vigo, polo que o protagonista da historia, Carlos Manso, que é un policía, ten que contribuír a resolver o misterio que envolve o asasinato de Violeta. 

Violeta pertencía a unha asociación chamada Alza-Down e o inspector Manso deuse conta de que era diferente aos prexuízos que tiña sobre as persoas con este problema. A directora desta asociación, chamada Lorena, e Manso coñécense moito e isto axúdalle a ter menos prexuízos e ideas sobre as persoas coa síndrome previamente mencionada. Esta mesma directora tamén solicita axuda a Carlos para que a axude, xa que os policías pensaron que Pedro, unha persoa amiga de Violeta na asociación, foi a culpable do asasinato aínda dando o seu testemuño, que era totalmente verídico.

Por outra parte, o inspector seguiu resolvendo o crime e chegou ao momento no que descubriu o auténtico responsable do asasinato, que se chamaba Ratko; era de orixe eslava e naceu en Montenegro. Souberon que estaba na pensión nunha vila durante uns 9 días e o inspector chegou alí; máis tarde encontrárono e levárono ao calabozo. Aínda que non se sabe que sucedeu co criminal, o que si se sabe é que a novela ten unha moi profunda reflexión sobre a perfección, a sociedade, e incluso valores morais, xa que nela se explica un pouco o pensamento de Kant, o excelentísimo filósofo de Alemaña do século XVIII que case todos coñecemos.

De feito, no final da novela, Manuel Esteban fai unha dedicatoria ás persoas que teñen a síndrome de Down na que manifesta a súa posición en contra dos malos prexuízos contra eles. Unha das maiores inspiracións do autor para escribir esta novela foi o caso do seu fillo, xa que ten esta discapacidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.