Trátase dunha novela escrita por Manuel Gago, un xornalista, profesor e divulgador cultural, nacido en Ribeira en 1976. Dá clase na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela e tamén é membro do Grupo de investigación en Novos Medios da USC.
A primera liña argumental, a máis relevante, narra a historia de Celia Pardo, unha mestra coruñesa enviada á localidade de Arbia por iniciativa do seu pai.
Celia descoñece o motivo polo que foi enviada alí pero promételle ao seu pai enviarlle toda a información posible sobre algún suceso importante en Arbia. Tempo despois, sucedeu un encontro inesperado entre a mestra e un alto cargo nazi, chamado Albert Speer, durante un dos habituais paseos de Celia. Depois do encontro Celia chamou ao seu pai para comunicarlle o sucedido. O que Celia descoñecía era que o seu pai, Emilio Pardo, médico de gran sona na Coruña, era un espía que traballaba para a resistencia británica.
A nai de Celia, Esperanza, segundo lle contara o seu pai morrera tras enfermar gravemente de tuberculose.
A medida que avanza a historia coñecemos o gran segredo que Emilio ocultaba con ferocidade a súa filla, a historia da súa nai e as circunstancias da súa morte. Descubrimos que Esperanza, estivo dous anos no cárcere tras asumir a culpa dun delito que non cometeu para salvar o seu marido Emilio. No cárcere, pola malas condicións e insalubridade, enfermou de tuberculose e posteriormente, morreu. Celia, despois de descubrir a historia, séntese traizoada e enganada polo seu pai. Toda a súa vida era unha gran mentira.
Por outro lado, nárrase a historia de Ramallo, un importante guerrilleiro, case lexendario que actuaba en nome da República contra os dilixentes fascistas da ditadura. A embaixada británica, na que traballaba Emilio Pardo, entra en contacto con Ramallo para dar un golpe nunha mina, chamada Valdareas, expropiada polos nazis e reconvertida nun campo de concentración.
Ramallo acepta co fin de recuperar a dous amigos que foron destinados alí e pola recompensa que lle proporcionarían os britanicos, que sería destinada para volver a encontrarse co seu fillo, oculto dos problemas que tiña o seu pai.
Tamén, se narra a historia de Urbano Lugrís, un pintor ao que por encargo os nazis lle piden piden un retrato dunha moza, Celia. Urbano, ao ver a fotografía que debía retratar, decatouse de que era coma Esperanza, o seu primeiro amor, que aínda non olvidara. Descóbrese que Urbano e Emilio, na infancia, eran grandes amigos ata que Emilio e Esperanza casan, distanciando a Urbano, que estaba profundamente namorado dela.
Lugrís decide buscar a Emilio e contarlle que a súa filla é buscada polos nazis. Emilio comunícase coa embaixada e deciden que el e mais Celia debían escapar de España.
A novela remata nun capítulo apaixonante no que aparece Celia dez anos máis tarde en Nova York como diplomática do goberno británico, alí encontrouse cun vello amigo chamado Brais de Brantuas.
En conclusión, este libro é moi recomendable e gustoume moito, paréceme imprescindible lelo para comprender unha parte da historia recente na nosa sociedade. Narra sucesos que aconteceron en Galicia nos primeiros anos da posguerra e que moita xente descoñece como o desembarco de submarinos alemáns en territorio galego para recargar subministros e a resistencia dos guerrilleiros galegos en busca da liberdade que lles foi arrebatada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario