Este cómic trata dun mundo no que os seres marabillosos e máxicos (nos que a maioría non cren na nosa realidade), existen de verdade. En cada especie hai dous tipos de castas ‘antagónicas’, que son o anxo e o demo, a fada e a bruxa, e, o máis común, os bos e os ruíns. O problema é o ser humano, xa que non se atopa establecido en ningunha destas castas, senón que está no medio de cada unha delas. Esta obra pode verse desde a versión dos humanos, a versión que eles contan ao longo do cómic.
Todo este tema das ‘versións’ é o que realmente importa, porque son os humanos os que poden verse de protagonistas na historia, porén, as versións das outras especies non poden saberse. É por iso que, cando chega un momento do cómic, aparecen pouco a pouco as mesmas historias contadas polas outras especies, descubríndose que eses roles impartidos nos seres son unha versión falsa dunha especie interesada en controlar o bosque.
Esta banda deseñada atópase chea de enredos bastante ben explicados, pero, ao ser en viñetas e non en novela, é algo máis difícil entendelos. Nós tivemos que ler algunhas partes varias veces para poder comprender realmente de que ía esta obra. A verdade é que nos gustou moito.
Nós principalmente eliximos este cómic porque trataba o tema da maxia e da fantasía, un tema que nos gusta moito. Si que é certo que estaría mellor se estivese escrito en narrativs, porque hai momentos nos que realmente te fai pensar, e é bastante difícil comprender o que está a pasar só cos debuxos. Deixando este ‘defecto’ aló, é un cómic moi recomendable se che gustan a fantasía e o misterio. O equilibrio entre estes dous temas fai que a obra sexa aínda máis atractiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario