A súa gran primeira obra foi Ollos de auga, un libro que no seu momento tivo un gran éxito a nivel nacional e recibiu diversos premios. Durante toda a súa carreira, tivo obras traducidas a máis de dez idiomas, e ademais ten varios libros que tratan sobre un mesmo protagonista, o inspector Leo Caldas.
Esta obra vai tratar principalmente a investigación por parte do inspector Leo Caldas dun mariñeiro que aparece morto nunha praia de Vigo. Para este labor, vai a contar coa axuda de Rafael Estévez.
O curioso desta morte é a forma na que se atopa o cadáver, xa que ten unhas bridas de plástico nos brazos e pernas, e polo tanto non é unha morte típica dun naufraxio. Todo isto vai a levar a distintas hipóteses ou xiros na trama durante o desenvolvemento da historia, pasando por ideas que o xustifican como un suicidio, ata outras probas que indican un posible asasinato.
Ademais, cóntanse distintas historias mariñeiras relacionadas con naufraxios e mortes, e unha das máis importantes vai a ser a historia do Capitán Sousa e o seu naufraxio tempo atrás.
Paralelamente a esta investigación, o inspector Leo Caldas vai ter dous problemas, por un lado superar e tratar coa enfermidade ou morte do seu tío, e por outro vai intentar falar de novo coa su ex moza Alba para conseguir superar esa mala situación a nivel persoal.
Unha das mellores cousas que ten este libro é a variedade de temas que trata e os distintos enfoques que estes reciben dende a visión de Leo Caldas. O principal tema como é lóxico vai ser a morte do mariñeiro e a súa investigación xunto coas distintas historias pesqueiras, pero tamén hai momentos onde se expresa dor por culpa dos problemas familiares, e momentos de reencontro amoroso xunto con moitos sentimentos atopados.
Sen dúbida, eu recomendo este libro a todos os amantes das novelas negras, xa que penso que a forma na que se trata e narra a investigación da morte converte o libro nunha lectura moi agradable pola forma que teñen de investigar os protagonistas.
Outra cousa clave da narración na miña opinión é a intención por parte do escritor de mesturar temáticas ou introducir pequenas historias e tramas dentro do argumento principal, xa que achegan un toque especial e distintivo a esta novela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario