venres, 1 de maio de 2020

OFICIOS TRADICIONAIS: O GRANDE PEDREIRO DE CEDEIRA, Helena Bermúdez Freire (1º ESO C)


    Rodolfo era o meu tataravó, que tiña o oficio de pedreiro. Neses tempos o oficio de pedreiro non era como agora. Antes, as casas, as igrexas, etc., prácticamente case todas as construccións facíanse con pedras e a man.
Ser pedreiro non era un oficio sinxelo. Tiñan que transportar as pedras dun lado ao outro desde distancias moi longas, tamén neses tempos non había tanta maquinaria como agora, non había guindastres, entón tiñan que facelo a man con moito esforzo. Para iso, tiñan que ser moi fortes e ter moita resistencia.

Ademais, naqueles tempos non só tiñan que facer o traballo co esforzo físico, senón que tamén tiñan que facer de arquitectos.

O meu tataravó construíu dende casas ata unha igrexa. De feito, unha casa que nosoutros estamos rehabilitando agora, foi construída polo meu tataravó, o que fai que para min teña moito mérito e un aprezo especial.

Nestes tempos é moi dificil contratar a un pedreiro, dado que agora as construcións actuais
non están feitas de pedra, senón de ladrillo e cemento. Tamén, agora os medios para fabricar unha construción fano máis sinxelo dado que hai máis maquinaria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

POSTAIS DE NATAL DA TURMA DE 4º ESO