
Os
descendentes destes traballadores herdaban por imitación
ou coñecemento da talla e asumían unha formación autodidacta.
Na
cantería usábanse pedra de granito (pedra país e lousa). En toda a
xeografía galega a extracción destas pedras facíase a ceo aberto,
para tallalas usaban ferramentas como mazas, cuñas, punteiro, etc.
Era unha profesión que normalmente exercían homes.
Construían
os famosos hórreos, inseparables do horizonte agrario galego. Tamén facían as famosas laleiras dentro dos fogares onde se cociñaba e se
reunía a xente arredor para estar en familia ou cos veciños e onde
pasaban o tempo e contaban historias, contos, lendas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario