sábado, 25 de abril de 2020

Galego e portugués, algo máis ca dous idiomas, Andrea Ansede Varela (4º ESO A)

A cercanía do galego co portugués tanto no idioma como na xeografía ofrécenos moitas posibilidades. O parecido do galego e o portugués no idioma vén dende moi antigo, xa que en épocas pasadas existiu o galego-portugués que foi un idioma da Idade Media cunha importante tradición literaria. 

Unha vista panorámica de Lisboa desde o outro lado do río
Esta cercanía ofrécenos a posibilidade de que na actualidade os galegos poidamos ser case trilingües, xa que as diferenzas entre portugués e galego son pequenas. Isto fai que os galegos poidamos comunicarnos cunhas 200 millóns de persoas no mundo que falan este idioma, comunicándonos en Portugal, Brasil ou Mozambique. As repercusións disto son inmensas. Destacando as grandes facilidades que nos dá no aspecto económico, debido a que nos permite o acceso ao mercado cos países lusófonos, o cal é unha noticia moi boa para Galicia. Tamén cómpre dicir que no ámbito cultural, é posible unha gran difusión da nosa literatura nestes países así como, afianzar as relacións e unidades lingüísticas e culturais nos dous espazos.

Na miña opinión, a similitude do galego e o portugués é algo moi interesante para nós, xa que nos ofrece aos habitantes a posibilidade de ser trilingües, o que pode ser un proxecto interesante para diversos traballos, así como, poder manter un mercado económico con eles. 

Queda demostrado, como eu puiden comprobar, que as pequenas diferenzas no idioma non son unha barreira para que haxa entendemento entre persoas xa que en Portugal se falas galego enténdeno perfectamente. Ademais, de permitirnos aprender e escoitar música moi parecida, a cal podemos entender perfectamente, sendo cantada por xente de África, por exemplo. 

Sintra, cidade coñecida polos seus palacios

Tras ler libros en portugués quédame moi claro, que aínda que unha fronteira nos separe e sexamos países diferentes, Portugal e Galicia sempre estarán relacionados polo seu idioma e polas súas xentes.


Aquí podemos ver a Ponte Don Luis I, que se atopa na cidade de Oporto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

VOCABULÁRIO DAS PROFISSÕES EM PORTUGUÊS

A turma de Português 1º ESO elaborou estes cartazes com o léxico das profissões em português.