martes, 28 de abril de 2020

"Co galego non vas a ningures", Iván Couto Pintor (4º ESO A)


Un día dixéronme que co galego non vas a ningures. E convencéronme, xa sabes. Fun a Brasil, Portugal e Angola falando castelán, e todo facilidades”.
Nesta estrofa, o grupo pontearán Son da Rúa ironiza sobre usar o castelán en países nos que se fala portugués, cando, de falar en galego, entenderíaste perfectamente coa xente dese país.
O galego e o portugués son dúas linguas moi similares debido a que teñen un orixe común, o galego-portugués.
No S. XII Portugal convértese en reino independente e Galicia queda supeditada á coroa de Castela e comeza a separación entre os dous idiomas, o falado ao norte do Miño (galego) e ao sur (portugués).
Dado que proveñen dunha mesma lingua, son moi parecidas e o léxico é moi similar, e os galegos temos facilidade para comprendelo e podemos chegar a entendernos nunha conversa cun portugués sen ningún tipo de problema.
Podemos dicir que un galego é potencialmente trilingüe xa que domina dúas linguas de nacemento e comprende outra que se lle asemella e, de feito, son cada vez máis os galegos que están a estudar portugués dada a proximidade do país luso e do interese en aprender a falar unha lingua tan vencellada á nosa como é o portugués. E mesmo a TVG e a RTP colaboraron na creación de series, emitidas en Galiza e en Portugal, nas que podemos ver situacións nas que un galego e un portugués falan e enténdense perfectamente sen problema.


Ningún comentario:

Publicar un comentario