luns, 27 de abril de 2020

@s galeg@s somos trilingües, Patricia Mena Cruz (4º ESO B)


Os galegos somos practicamente trilingües, xa que ao saber galego, temos gran facilidade para poder comunicarnos e para poder falar con alguén portugués ou simplemente con algunha persoa procedente dun país no que a súa lingua oficial sexa o portugués. Isto quere dicir que nos podemos comunicar con millón de persoas, porque o portugués é unha das linguas máis faladas en todo o mundo con 200 millóns de falantes.
Desde o punto de vista económico, os galegos poderiamos traballar en países de fala portuguesa e viceversa, xa que teriamos facilidade para falar coas persoas que traballan con nós ou simplemente para falar cos clientes.
En canto á literatura, poderiamos ler as súas novelas sen necesidade de utilizar un dicionario, xa que o entenderiamos facilmente.
Moita xente di que os galegos e os portugueses falamos case o mesmo pero con distintos horarios, pero polo demais somos iguais.
Polo tanto, os galegos somos trilingües!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...