luns, 20 de abril de 2020

Poema "De luns a venres", Alma Qing Ramas Corrales (2º ESO B)

De luns a venres

Na clase están xogando, 
están gritando e falando; 
excepto eu e outros poucos
que só estamos observando. 

O patio é un inferno, 
por iso nunca vou.
Prefiro a biblioteca
que é moito mellor. 

Por que na miña clase
todos están a gritar? 
Será porque máis da metade
están moi tolos, sen dubidar. 

Eu só quero paz aquí!
Acaso non entendedes? 
Todo o cole nos coñece
polos vosos ruídos insolentes. 

O timbre está soando 
todos corren cara a saída, 
e eu só quero dicirvos: 
‘‘Así é o meu día a día’’.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES