O galego e o portugués son
dúas linguas moi próximas e teñen moitas cousas en común mesmo
nun momento chegaron a ser a mesma lingua o galego portugués da Idade Media. Son moi similares e o vocabulario das dúas linguas é
moi parecido.
Os galegos entendemos con
moita facilidade o portugués e isto fai que poidamos comunicarnos con
máis de 200 millóns de persoas que teñen o portugués como lingua
oficial. Mesmo poderiamos chegar a ser potencialmente trilingües xa
que aprendemos o galego e o castelán no colexio desde que somos
pequenos e non temos ningún tipo de problema ao entender a maior
parte do portugués.
Isto facilita unha chea de
cousas: por exemplo; a cultura, hai unha chea de festivais de música
nos que participan tanto artistas galegos e portugueses sen ningún
tipo de problema, tamén facilita o acceso para poder traballar nos
países lusófonos.
Creo que a mellor opción na
educación agora mesmo sería que igual que hai de forma optativa
estudar francés se estudase tamén o portugués, isto axudaría a
moitas persoas e mesmo faría moitas delas trilingües.
Ningún comentario:
Publicar un comentario