martes, 28 de abril de 2020

Falsos amigos entre portugués e galego, Eva Peña Porto (4º ESO C)


Se nos remontamos a centenares de anos atrás, poderiamos atopar o sentido a moitas das cousas que forman parte do noso día a día. Quizá poderiamos saber cousas como por qué nos estreitamos a man, (que antigamente era para comprobar se o contrario levaba unha arma na manga) ou o porqué de dicir “Xesús” cando alguén estornuda. (Iso no pasado facíase porque se cría que ó esbirrar a nosa alma deixaba o corpo por segundos e dicían iso para evitar que demos tomaran o corpo). 
Deixando este tipo de cosas, a maneira que os galegos temos de comunicarnos, evolucionou do latín, ao igual que a lingua dos nosos veciños os portugueses. Tendo en conta que os nosos territorios e os seus non estaban tan vixiados e marcados, existen trazos que compartimos nos nosos idiomas, e somos bastante capaces de entendernos os uns cos outros.
Si, podemos ser considerados trilingües, ou cando menos os que teñen o galego como lingua habutial poden facelo. Porén, tampouco podemos pasarnos de listos, pese a ter as mesmas raíces, existen palabras lixeiramente… diferentes.
Lembro unha vez cando fun a Portugal, eu era pequena, tiña uns 9 anos. A cuestión é que me fixen amiga dunha nena de alí coa que me entendía perfectamente. Estabamos a xogar nun parque e encontrou una póla moi grande. Ela perseguiume, xogando, finxindo que o pedazo de madeira era unha lanza.
Entón, eu berrei “Co pau non!” E a nena quedou mirando e tirou o pau lentamente para irse. Tiven a curiosidade de que dixera mal, pero nunca cheguei a sabelo. Apenas comecei este traballo, lembrei a historia, e pensei que sería divertido buscar o verdadeiro significado…
Creo que a nena tiña dereito a saír correndo de alí como fixo, pois “pau” é unha forma vulgar de referirse ao membro masculino…
Definitivamente si, son linguas parecidas pero non iguais, pois cada unha ten as súas diferenzas propias e trazos que a fan máis ligada á súa terra e historia.

Eva Peña 4ºC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ENTREGA DE DIPLOMAS DE CERTIFICAÇÃO DO CAMÕES JÚNIOR

No dia de hoje fizemos entrega dos diplomas que acreditam a certificação B1 de proficiência em Português Língua Estrangeira aos alunos e alu...