luns, 27 de abril de 2020

Reflexión sobre á lusofonía, Aldara Bergondo García (4º ESO B)

A miña reflexión é que o galego e o portugués son dúas linguas moi similares debido a que teñen unha orixe común. Compartían lingua (galego medieval ou portugués antigo) e co paso do tempo a lingua foi avanzando e dividíndose no que agora coñecemos como as dúas linguas que son o galego e o portugués. 

Polo tanto é lóxico pensar que actualmente os galegos temos moita facilidade para entendelo e mesmo ser trilingües debido a que despois de ter un pasado idéntico, teñamos palabras, costumes e pronunciacións moi semellantes. 

O portugués é un dos idiomas máis falados do mundo cun total de 200 millóns de falantes arredor do mundo, isto que quere dicir? Que os galegos tamén podemos entender e comunicarnos con todas esas persoas que teñen como idioma principal o portugués (tamén chamado lusofonía) que está xenial. Non só favorece no tema da comunicación senón tamén na economía, xa que tanto os galegos como os postugueses non terían maior dificultade en ir traballar ao outro país.

Hai textos e referencias nas que se di que somos moi semellantes menos nos horarios e non hai máis que escoitar a música en portugués como, por exemplo, a canción de O Que Ela Quer da angolana Aline Frazão para ver a gran semellanza. 

Eu nunca fun a Portugal, pero gustaríame moito ir alguhna vez e así tamén comprobar por min mesma todo isto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HOMENAGEM A LUÍS DE CAMÕES